Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A próxima semana estréase en Cambados a curta ‘Mariñeiro’

 

O venres 9 de febreiro estrearase no Auditorio de Cambados a curtametraxe documental ‘Mariñeiro, escrita e dirixida por Juan Galiñanes e protagonizada por Celso Bugallo, un dos actores galegos máis recoñecidos. A curta está apoiada polo Galp Ría de Arousa.

Para asistir á estrea pódense solicitar convites escribindo a estreagalpriadearousa@gmail.com ou chamando aos teléfonos 651617466 (mañás) e 629689930 (tardes). É imprescindible confirmar entrada antes do día 6 de febreiro.