Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Aberto o novo período de axudas para presentar proxectos ata o 1 de marzo

 
Xa está dispoñible no seguinte enlace a Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do FEMP 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao 2019. 
 


 Contempla maiores facilidades para os promotores na presentación de solicitudes.

 Medidas para fomentar a creación de máis emprego.

 O traspaso de orzamento sobrante dos grupos que teñen menos proxectos a outros para os que os fondos son insuficientes. 

Outra novidade é a ampliación do período de presentación das solicitudes de achegas, que estará aberto de xeito permanente ata o 1 de marzo de 2021.

O orzamento total é de máis de 22 millóns de euros ata 2021 cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca no marco da convocatoria de 2019 das axudas aos seus proxectos.

 
Tal e como consta no artigo 19.2, a presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividadeprofesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público e, en concreto, as persoas ou entidades sinaladas no artigo 7 como beneficiarias de proxectos de investimento non productivo. As solicitudes tramitaranse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
 
Lembramos que o prazo para presentación de solicitudes é ata o 1 de marzo. 
 
Para calquera dúbida sobre este procedemento, poderá recibir asesoramento no noso GALP en horario de 10:00 a 14:00 horas de Luns a Venres.
 
 
GALP Ría de Arousa CIF: G-70196597
Avda Rodríguez de Mendoza s/nº (FEXDEGA)
36600 Vilagarcía de Arousa
Tlf.:F 986510953/M 628155386