Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Alfonso Villares destaca en Ribeira o papel dinamizador dos GALP

 

No día de onte, 8 de febrero de 2024, tivemos a oportunidade de compartir unha xuntanza que tivo lugar na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. O  Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, xunto coa Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez e o Director do Plan da Cultura Marítima de Galicia – Horizonte 2030 (Pcuma), Oscar Fuertes, reuníronse con membros do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa para presentar a posta en marcha de proxectos que revaloricen a riqueza  material e inmaterial vencellada á costa galega.

 

 

O Conselleiro explicou que o Pcuma pon en valor determinadas zonas da costa que destacan por conservar características orixinais tendo en conta que foron sometidas en menor medida a procesos de urbanización e industrialización do litoral. Estas áreas son sinaladas como “nais” por contar con un núcleo urbano con elementos singulares e orixinais vencellados ao mar entre os que se atopan a zona de Area Secada-O Touro, xunto con outras como Rinlo, Espasante (Ortigueira), Quilmas (Carnota), Muros, a enseada de Broña (Outes), Combarro (Poio) e A Guarda.
 

A intención é que os GALP desenvolvan un papel protagonista e tamén que promovan proxectos que contribúan a salvagardar o patrimonio.

Neste sentido, Alfonso Villares subliñou que os grupos de acción local do sector pesqueiro poden xogar un papel decisivo á hora de incluír actuacións para esta finalidade nas planificacións futuras que realicen.

 

O Conselleiro do Mar recalcou que o Pcuma é un documento único e innovador nos ámbitos nacional e internacional no que se recolle un conxunto de acciones para protexer e preservar o enorme patrimonio marítimo galego. "É o resultado do intenso traballo e de consultas a persoas e entidades de todo o litoral e realiza unha profunda análise da diversidade de bens inmobles, mobles e patrimonio inmaterial existente na comunidade", dixo Villares, quen agregou que recolle un centenar de medidas a aplicar antes do año 2030 para avanzar no seu coñecemento, preservalo e poñelo en valor tanto en Galicia coma no exterior. 

 

 

https://www.diariodearousa.com/articulo/o-barbanza/conselleiro-do-mar-destaca-ribeira-papel-galp-promocion-iniciativas-vinculadas-patrimonio-marino-4712779

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosmar/2024/02/09/villares-destaca-papel-dinamizador-galp/0003_202402B