"A MEMORIA DO CABO DA CRUZ” é un proxecto de documentación, recuperación e divulgación do patrimonio inmaterial da zona costeira do noso pobo vencellada ao mar, aos seus oficios e á importancia da muller no desenvolvemento. A principal idea do proxecto e traballar en prol da recuperación e posta en valor da nosa historia como pobo e sobre todo ser foco de conservación de material que moitas veces cae no olvido por non poder ser conservado adecuadamento ou mesmo porque as persoas que o atesouran non teñen coñecemento da relevancia ou importancia que ese material ten na memoria colectiva dun pobo
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo deste proxecto é recoller, documenta, poñer en valor e divulgar o patrimonio inmaterial da realidade do sector mariñeiro en Cabo da Cruz dende finais do século XIX ata os anos 80. Visibilizar todo o que aquí sucedía e como pero, sobre todo, reivindicar a importancia do papel que desempeñaron as mulleres e dar a coñecer as dificultades ás que se enfrontaron e os avances que acadaron.
O resultado esperado é o aumento da posta en valor do patrimonio inmaterial marítimo pesqueiro como elemento de reforzo da identidade territorial de Cabo da Cruz con estas ferramentas:
- A creación dun arquivo comunitario.
- A miniserie documental que se gravará con mulleres e homes anciáns do pobo.
- 1 intervención artística colocando 20 fotografías do arquivo pola zona do peirao.
- 1 intervención artística realizando 1 mural de gran formato.
- 3 impactos de prensa, dando a coñecer o traballo realizado pola Gamela coa axuda do GALP
- Unha páxina web onde aloxar o arquivo, a miniserie documental máis o mapa das intervencións artísticas.
1ª Investigación, coordinación e recopilación
2ª Gravación e realización das “Cápsulas da Memoria”
3ª Intervención artística e posta en valor do patrimonio natural e arquitectónico do pobo
4.- Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Conseguir que a Ría de Arousa teña inha identidade propia vinculada ao patrimonio cultural marítimo pesqueiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

