Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Clausura do programa Relevo2020

 

O GALP Ría de Arousa, celebrou este xoves, no Museo do Pobo Galego, xunto co resto de GALP promotores, o acto de clausura do proxecto Relevo2020, que durante un ano puxo en valor a importancia e a necesidade do relevo xeracional no eido pesqueiro e da formación e información a mozos e mozas para un mellor coñecemento do sector.

Como representantes do GALP coordinador do proxecto, no acto participaron a presidenta do GALP Ría de Arousa, María Vales, e a xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, que estiveron acompañadas polo presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez. Nunha segunda quenda interviu David Torres de Arenaria Coordinación, empresa encargada da asistencia técnica.

Xornada de clausura do programa Relevo202

Un momento da xornada

Durante a xornada de peche achegáronse datos técnicos das actuacións desenvolvidas durante este ano de proxecto e o protagonismo do evento foi para o alumnado que participou activamente contando a súa experiencia nesta iniciativa.

Entidades promotoras

O proxecto de colaboración Relevo2020 foi unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP): GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia: Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.

Para máis información sobre o programa: http://arenariacoordinacion.com/relevo2020/