Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Continúan as actividades de sensibilización na Arousa Norte

 

Este venres, un grupo de 25 persoas usuarias da Asociación AMBAR participaron no programa de actividades medioambientais organizadas polo Galp 5 nos concellos da Arousa Norte. Desta volta, a visita foi á zona da desembocadura do río Ulla e á contorna das brañas que rodean as Torres do Oeste en Catoira.

A actividade centrouse no coñecemento e recoñecemento da flora e a fauna que se pode atopar ao longo de todo o percorrido, mediante unha dinámica baseada na didáctica sensorial.