Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Convidámosche a asistir ao encontro informativo sobre o período FEMPA na zona costeira

Vilanova de Arousa acollerá o primeiro acto público ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo, de pesca e de acuicultura na Ría de Arousa. Este encontro ten por obxectivo dar a coñecer ao GALP Ría de Arousa como ferramenta para o desenvolvemento económico da zona costeira, transmitindo información ás persoas asistentes sobre a orde de axudas publicada pola Consellería do Mar, cuxo prazo está aberto ata o 26 de outubro de 2023.

Está prevista unha benvida institucional ao Encontro informativo. Rosa Carballo Martínez, xerente do GALP Ría de Arousa, levará a cabo unha presentación na que se abordarán aspectos relacionados coa orde de axudas publicada pola Consellería do Mar. Trasladarase tamén información sobre a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo e as novidades do período FEMPA.

Así mesmo, coñeceremos iniciativas emprendedoras de referencia no sector pesqueiro desenvoltas durante o anterior período de fondos: Algas La Patrona, Cordelería R de Lorenzo e Atando aparellos compartirán a súa experiencia como promotoras de proxectos ao abeiro dos fondos europeos. Por último, as mulleres participantes na actividade de animación O Sal do Mar porán en común as conclusións do obradoiro desenvolto arredor da comunicación e o liderado das mulleres do mar.

O Encontro informativo finalizará cun espazo informal no que continuar fortalecendo as redes de contacto das entidades do sector pesqueiro, municipais e asociativas do territorio. Este espazo permitirá ás persoas asistentes conversar sobre iniciativas a poñer en marcha para dinamizar económicamente o territorio.

Para facilitar a organización do espazo, prégase confirmación de asistencia no enderezo electrónico galp.mar.riadearousa@xunta.gal ou no teléfono 627 096 062 (chamadas e whatsapp).

 

O GALP Ría de Arousa como ferramenta para o desenvolvemento económico da zona costeira | Encontro informativo

Martes, 17 de outubro de 2023, entre as 18.00h e as 20.30h

Centro de desenvolvemento local – Pazo Vista Real (Camiño de Boutrín 7, Vilanova de Arousa)

Inscricións: galp.mar.riadearousa@xunta.gal | 627 096 062