O proxecto proposto consiste na creación da Escola Infantil Barquiño de papel en O Grove para dar cobertura á demanda (non cuberta) de prazas en centros deste tipo na vila cunha capacidade de 41 prazas en total destinadas a nenos de 0 a 3 anos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal do proxecto de Escola Infantil Barquiño de Papel é pois ampliar as prazas dispoñibles en educación infantil en O Grove (0 a 3 anos), propoñendo unha novo centro que, por un lado lidere unha proposta educativa de calidade para os menores de 4 anos, pero adicionalmente, que permita á poboación da vila a conciliación dos entornos laborais e familiares (coas vantaxes que isto ten na dinamización económica e social). Pero a proposta vais máis aló e ofrece unha oportunidade para contribuir na salvagarda do patrimonio mariñeiro da vila mediante actividades interxeracionais e unha proposta temática, estética e educativa que facilite a transmisión destes valores e desta cultura local, fomentando a súa aprendizaxe dende a primeira infancia.
Esta escola infantil converterase nun modelo educativo único, combinando conciliación familiar, educación sostible e transmisión cultural, asegurando un impacto positivo a longo prazo na comunidade.
Algúns dos resultados esperados do proxecto son:
- Mellora na oferta educativa para cativos de 0-3 anos, ofrecendo unha proposta actual baseada en novas propostas pedagóxicas que faciliten a integración co entorno e que os dote de novas capacidades como a creatividade, as habilidades sociais, o respecto polo medio, a curiosidade e a ansia de aprender.
- Proposta de servizos locais que permita atraer nova poboación para a vila, fixar á actual e poñer as bases para a formación de novas unidades familiares por facilitar a conciliación e contribuir así á dinamización económica e social e a mellorada da calidade de vida da vila.
- Salvagarda do patrimonio inmaterial ligado ao mar e ás actividades extractivas e transformadoras, facilitando a transmisión do coñecemento e a memoria e fortalecendo as identidades individuais e colectivas da poboación local.
- Creación de emprego directo e indirecto ofrecendo alternativas de diversificación da actividade directamente ligada ao mar
O centro disporá de tres aulas denominadas Proa (con capacidade para 8 nenos e nenas de 0 a 1 anos), Babor (para 13 nenos e nenas de 1 a 2 anos) e Popa (para 20 nenos e nenas de 2 a 3 anos), e contará cun servizo de comedor externalizado a unha empresa local.
A escola infantil integrará na súa metodoloxía educativa a posta en valor dos recursos pesqueiros da zona, fomentando o coñecemento sobre os produtos do mar, a importancia da pesca sostible e a relevancia das actividades mariñeiras para a economía local. A través de contacontos, xogos e actividades interactivas, os nenos aprenderán sobre as especies mariñas máis representativas da ría, os métodos tradicionais de pesca e marisqueo e o papel que desempeñan sectores coma o das redeiras ou o da conserva.
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Conseguir que a Ría de Arousa teña unha identidade propia vinculada ao patrimonio cultural marítimo pesqueiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

