Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

EXPOSICIÓN PERMANENTE SOBRE A CONSERVA E VISITAS GUIADAS INTERACTIVAS

Crear unha exposición permanente sobre a historia e evolución da conserva en Galicia, combinando tecnoloxía interactiva con experiencias turísticas inmersivas

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
REAL CONSERVERA ESPAÑOLA , S.L
Datos de interese: 
https://realconservera.com/
Perfil empresarial: 
ENTIDADE PRIVADA / EMPRESARIO INDIVIDUAL
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
22/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

O proxecto levarase a cabo no Concello de Cambados

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
19.316,52
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
19.316,52
Total axuda pública aprobada (€): 
9.658,26 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
6.760,78 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
2.897,48 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo é:

• Poñer en valor o legado conserveiro galego e o seu impacto na economía e cultura local.

• Ofrecer unha experiencia didáctica e innovadora a través de visitas guiadas interactivas.

• Fortalecer o turismo gastronómico e cultural na rexión.

• Xerar interese en consumidores e distribuidores sobre a calidade e tradición da conserva galega.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O Museo da Conserva e Visitas Guiadas Interactivas impactará positivamente en diversos colectivos, xerando beneficios directos e indirectos para o sector pesqueiro e a comunidade local.

Mujeres Traballadoras da Industria Pesqueira e Conserveira: O museo terá un enfoque especial na visibilización do papel das mulleres na pesca e a transformación do peixe.

Turistas e Visitantes Nacionais e Internacionais: O museo atraerá a visitantes interesados no turismo gastronómico, cultural e sostible, ofrecendo unha experiencia única sobre a tradición conserveira de Galicia.

Comunidade Local e Sector Servizos: O proxecto impulsará a economía local, beneficiando a empresas do sector turístico, restauración e comercio.

Centros Educativos e Estudantes: Desenvolveranse visitas para colexios, institutos e universidades, fomentando o coñecemento sobre a pesca e o sector conserveiro local.

O Museo da Conserva e Visitas Guiadas Interactivas será un espazo de referencia na promoción do sector pesqueiro e conserveiro, integrando historia, tecnoloxía, educación e turismo sostible. Este proxecto non só protexe o patrimonio pesqueiro, senón que o transforma nun motor de desenvolvemento económico, social e cultural, asegurando a súa continuidade para as futuras xeracións.

Principais actividades do proxecto: 

ACCIÓNS PROPOSTAS

1. Creación da exposición permanente:

     - Paneis informativos sobre a historia da conserva en Galicia e a rastrexabilidade dos produtos.

     - Mostra de fotografías, envases e etiquetas históricas así como maquinaria antiga.

     - Espazo dedicado ás técnicas artesanais e a súa evolución.

     - Exposición sobre a sustentabilidade e o futuro do sector.

2. Implementación de tecnoloxía interactiva:

     - Códigos QR en cada sección con acceso a vídeos e contidos exclusivos sobre historia, produción, rastrexabilidade.

3. Visitas guiadas inmersivas:

     - Percorridos explicativos con guías especializados.

     - Experiencia "Do Mar á Lata": demostración do proceso de conserva con vídeos sobre todo o proceso polo que pasa cada marisco e peixe desde o mar ata a súa lata.

    - Degustacións de produtos emblemáticos.

    - Talleres educativos sobre a importancia do sector conserveiro

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

Incrementar a sostenibilidade e a autonomía do sector na explotación dos recursos da pesca, o marisqueo e a acuicultura na Ría de Arousa.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)