venres, 15 de Decembro de 2017 - 12:12

As nenas e nenos do 2º curso de primaria do CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa tiveron hoxe a primera sesión do programa de educación ambiental “Un futuro sostible para a nosa ría”. Esta iniciativa do GALP Ría de Arousa vense desenvolvendo en distintos concellos da comarca para posibilitar o achegamento da comunidade escolar a problemáticas como o cambio climático, a conservación do litoral, a biodiversidade, os espazos naturais, etc.
O proxecto contempla unha charla na aula e unha saída para recoller residuos nunha zona do litoral do concello. Neste caso, o alumnado de Vilagarcía realizará a sesión práctica da súa formación medioambiental o vindeiro 19 de decembro na praia da Concha-Compostela.

