Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

GALP's, unha ferramenta para o territorio

Onte, mércores 20 de novembro, o Auditoiro do Concello de Vilagarcía de Arousa acolleu a nosa XORNADA INFORMATIVA titulada:"GALP's, unha ferramentea para o territorio".

O Conselleiro do Mar, Alfonso villares; o Alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz; a Directora do CETMAR, Rosa Chapela, e a nosa Vicepresidenta, María José Vales foron os encargados da benvida institucional, tras o cal se mostraron uns relatorios de CETMAR, de Arousa Moza, dos nosos proxectos máis recentes e o vídeo "Mexillonaria" de Mulleres Salgadas, que amosa o traballo da muller na batea.

A sección final estivo dedicada á presentación de exemplos de éxito dos diversos GALP de Galicia. Queremos agradecer moi especialmente esta colaboración dos nosos compañeiros, reflectida na presenza de todas as xerencias apoiando uns proxectos de gran impacto.

Moitas grazas, entre todos animaremos o nacemento de novas propostas interesantes para o sector pesqueiro.