
O proxecto consiste na mellora da eficiencia enerxética da lancha da vixilancia da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa. Pretendese garantir unha explotación sostible e controlada, mellorando a vixilancia e control das zonas de explotación do ámbito territorial da Confraría, garantindo unha mellor coxestión dos recursos e hábitats costeiros de importancia para a produción dos organismos mariños dun modo responsable, equilibrado, sustentable e competitivo, que á súa vez permita mellorar as condicións de vida e traballo dos homes e mulleres do mar e garanta o seguimento da súa explotación. Esta tradúcese nun aumento a profesionalización do sector.
Este proxecto pretende axudar a unha xestión sostible da explotación dos recursos marisqueiros e dos hábitats costeiros dentro do ámbito territorial da confraría de Vilanova de Arousa, baseada fundamentalmente na vixilancia e salvagarda do medio mariño, tarefa encargada a realizar polo persoal de gardapesca da confraría que en colaboración con gardacostas se encargan de ditas tarefas entre outras. Como, por exemplo, no control dos mariscadores e mariscadoras das zonas que poden traballar e colaborar nun control rigoroso no acceso os recursos nas inmediacións das áreas de explotación.
Por outra banda, o persoal de gardapesca da confraría de Vilanova de Arousa acude aos areais de libre marisqueo xestionados polo plan de explotación dunha asociación onde acoden socios da confraría a vixiar, comprobar e garantir que o persoal mariscador traballa nas zonas e áreas permitidas e realizar o control dos produtos que se extraen.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Reducir a pegada de carbono da Confraría mediante a innovación e melloras acadadas das novas tecnoloxías.
- Aumentar a protección e coidado do medio ambiente na ría de Arousa.
- Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros.
Diminución do gasto enerxético e reducir a contaminación das actividades cotiás e a pegada de carbono. Garantir unha explotación sostible e controlada.
Tamén pretende continuar cos labores de seguimento e mellora medioambiental dos bancos de explotación, xa que a embarcación da Confraría tamén é usada coa finalidade de dar soporte aos traballos que realiza a asistencia técnica da Confraría para protexer e estudar o estado medioambiental, poboacional, da biodiversiade, etc. do seu ámbito territorial. Ademais, tamén se usa dito medio para acudir ás accións de mellora medioambiental efectuadas e supervisar os traballos de dita índole nos bancos destinados a explotación de marisqueo a flote e mergullo. Para a consecución de todos os obxectivos citados anteriormente e a correcta execución e implantación de todos estas medidas será necesaria a incorporación dun motor con potencia suficiente na lancha de vixilancia da Confraría usadas polos dos gardapesca, asistencia técnica e persoal traballador da confraría. Ademais o novo motor reducirá o consumo, o que contribúe ao aforro enerxético e, polo tanto á redución das emisións de CO2. Polo tanto, a actividade consistirá en instalar un motor novo na lancha de vixilancia. Todas as activades serán realizadas por persoal experto xunto coa implicación e axuda do sector. A área a desenvolver ditas actividades é no ámbito territorial da Confraría de Vilanova de Arousa e os bancos de libre marisqueo nos que traballan as súas persoas socias.
Obxectivo 3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e da transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo 5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Obxectivo 6.1. Incrementar a cooperación entre entidades de dentro e fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
Obxectivo 3.3. Reducir porcentualmente a pegada de carbono e incrementar o emprego de enerxías limpas e renovables.
Obxectivo 5.1. Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira.
Obxectivo 1.1. Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)