Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROMOCIÓN DA GASTRONOMÍA DA RÍA NA RUTA MARIÑEIRA DE VILAXOAN A CARRIL

Promover a gastronomía cos produtos que máis definen este territorio, dende Vilaxoán ata Carril, o mexillón, -a sardiña, a ameixa e o berberecho-, e engadir algún elemento decorativo á ruta, que é parte da Variante Espiritual do Salnés e obtivo o recoñecemento de Sendeiro Azul.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Datos de interese: 
www.vilagarcía.es
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
26/08/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
4
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
30/11/2024
Ámbito de aplicación: 

Vilagarcía de Arousa

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
42039,44 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
42039,44 €
Total axuda pública aprobada (€): 
42039,44 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
29.427,61€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
12.611,83€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Poñer en valor os produtos pesqueiros obtidos no mar máis próximo e que definen o espazo. Pero ademais se fará mercando os produtos na praza de abastos. E esa idea de cercanía esténdese tamén á horta do Salnés. Prensenza feminina: Procurarase que os profesionais da gastronomía que participan, as mulleres sexan non menos do 50%. A ruta cuxa gastronomía se pretende potenciar forma parte do Camiño Portugués a Santiago, pola Variante Espiritual do Salnés. Ademais do embelecemento físico do itinerario, con esta actuación de exaltación da gastronomía do lugar, se incrementará o atractivo da ruta e se acadará unha maior difusión da mesma. Situar a Vilagarcía como destino (turístico) gastronómico de calidade (bos profesionais e excelente calidade dos produtos). Maior rendibilidade dese sector produtivo e un reforzo da identidade territorial. Concienciar á poboación sobre necesidade de preservar o espazo, sobre un modo de vida tradicional, equilibrado na súa relación co entorno.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A posta en valor dos produtos do noso mar, do máis próximo, o da Ría.

A concienciación sobre a necesidade de preservar este espazo natural único

O mantemento da cultura tradicional a través desas receitas de sempre para a preparación dos produtos do mar de aquí.

O embelecemento do litoral, coa sinal e as 3 esculturas, que ademais é parte da Variante Espiritual do Salnés. A promoción conxunta, que lle da aínda máis valor ou atractivo, a eses dous recursos: a gastronomía e a Variante Espiritual.

O incremento da renda dos traballadores do mar como resultado de ensalzar e promocionar os produtos que obteñen.

Principais actividades do proxecto: 

Os obradoiros COCIÑA DA RIA e HOXE COCIÑAMOS CUN CHEF DA VILA van dirixidos ao público en xeral. Os que pretendan participar achegaranse cada día á Praza de Abastos, ata completar o aforo. Ao obradoiro dirixido á hostelaría, poderán asistir aqueles profesionais que presten o seu servizo en establecementos en Vilagarcía. Con eses establecementos é cos que se pretende levar de novo a iniciativa da Ruta das Tapas, pero baseado nos produtos do mar de proximidade, os da ría. Haberá tamén 2 showcookings, un en Vilaxoán e outro en Carril, impartidos por cociñeiros moi coñecidos. Con esta inciativa, preténdese poñer en valor os produtos que identifican o lugar no que se realizan: en Carril, a ameixa e o berberecho e en Vilaxoán, o mexillón e sardiña. Pero ademais son unha forma de promocionar eses lugares. Por iso eses días haberá animación nas rúas e actividades complementarias. Eses showcookings poderán ser vistos por calquera que se queira acercar.

A sinal e as 3 esculturas van ser disfrutadas por todos. Poñerán aínda mais en valor ese tramo da Variante Espiritual do Salnés. Cabe sinalar que agora o traxecto que transcurre polo litoral de Vilagarcía, dende Vilaxoan ata Carril foi distinguido co galardón do Sendeiro Azul.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio

Obxectivo específico da EDLP: 

Aumentar o consumo dos produtos do mar,mellorando a súa imaxe como produtos saudables.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)