
Ría de Arousa Accesible é un proxecto conxunto entre Ambar e a Confraría da Illa de Arousa para incrementar a accesibilidade do sector marítimo pesqueiro, dende a sostibilidade ambiental, facendo fincapé no patrimonio cultural e turístico, e que ten como obxectivo incluír a todas as persoas no sector garantindo a súa plena participación.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Crear una Ría de Arousa accesible e cohesionada impulsando a accesibilidade universal e a implementación de melloras técnicas sostibles e tecnolóxicas que favoreza a participación de toda a cidadanía nos servizos e actividades do sector.
R1. Aumento da inclusión de persoas con diversidade e persoas en risco no sector pesqueiro (OE1). 5% de persoas con diversidade funcional contratadas; 50% de mulleres con diversidade contratadas
R2. Incrementar o número de persoas formadas e concienciadas na necesidade de crear espazos inclusivos e accesibles do sector marítimo pesqueiro (OE2). 270 persoas do sector formadas directamente.
R3. Mellora das instalacións do sector para facilitar tanto as actividades propias como a inclusión de persoas (OE3). 100 organizacións asesoradas.
R4. Incremento da cultura da economía circular no sector a través do préstamo de material (OE3). 50 solicitudes de préstamo de material.
R5. Incremento de solucións dixitais que faciliten a autonomía do sector marítimo pesqueiro (OE4). 5000 visitas á APP no ano 1.
R6. Aumento da posta en valor do patrimonio cultural. Incremento 5% de visitas.
As accións a desenvolver no proxecto Ría de Arousa Accesible están vinculadas cos obxectivos específicos a acadar, asegurando así que se acadan os resultados esperados.
A1.1 Creación e formación dun Equipo consultor de Accesibilidade Universal formado por persoas con diversidade funcional (física, cognitiva e sensorial) para a valoración da accesibilidade de espazos.
A2.1 Levar a cabo xornadas sobre a Accesibilidade Universal e o Deseño Universal no sector promocionando a accesibilidade en espazos patrimoniais e/ou do sector, e impulsando o produto da Ría e de cercanía.
A2.2 Elaborar unha guía de información con pautas sobre as melloras que se poden levar a cabo en accesibilidade cognitiva e arquitectónica sostibles ambientalmente.
A2.3 Facer visitas de asesoramento ás diferentes entidades do sector en materia de Accesibilidade Universal, en especial aquelas do sector do turístico marítimo e patrimonio cultural, asesorando nas posibles melloras que se poderían facer sempre no respecto medioambiental e enerxeticamente eficientes.
A3.1 Colaborar na posta en marcha de proxectos de accesibilidade e inclusión para solicitar a axudas e subvencións de accesibilidade e contratación de persoas con diversidade funcion
A3.2 Identificar as axudas técnicas de accesibilidade na para que as organizacións marítimo pesqueiras poidan solicitar o seu préstamo, favorecendo a reutilización de recursos como medida para a promoción da Economía Circular.
A4.1 Crear un mapeo dixital (APP, web, etc)dos espazos do sector marítimo pesqueiro accesibles incluíndo aqueles do seu patrimonio cultural, para dar a coñecer os espazos sen barreiras da comarca.
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Achegar as entidades de inclusión social ao sector pesqueiro e ás actividades marítimo pesqueiras
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

