
O martes 6 de outubro reunímonos no Centro Social Cabo de Cruz para compartir as conclusións e aprendizaxes do proxecto de dinamización promovido polo GALP Ría de Arousa, no que entre todas as poñentes se ensalzou a necesidade de continuar visibilizar ás mulleres no mar e todas as poñentes destacaron a importancia do seu traballo.
Logo da benvida institucional por parte de Dª Mª José Vales, Presidenta do GALP Ría de Arousa, Dª Mª Luisa Collazo, Conselleira de Igualdade do Concello de Boiro e Dª Rosa Quintana, Conselleira do Mar, participantes do proxecto tomaron a palabra a través dos vídeos que elas mesmas gravaron e nos que reflexionan sobre a igualdade nas profesións do mar.
En todos os actos, e debido a actual crise sanitaria, gardáronse as pertinentes medidas de seguridade vixentes.
Dende o GALP Ría de Arousa queremos agradecer a todas as entidades implicadas e moi especialmente ás asistentes ás xornadas, xa que sen elas esta actividade non sería posible.
A continuación prema no enlace correspondente para visualizar os 5 vídeos elaborados.
Ana Rosa Gago Otero (armadora e rañeira de Carril)
Emilia Fandiño, Iria Piñeiro, Celsa Fernández e Isaura Afonso (Bateeiras do Grove)
Mari Carmen Resúa e Patricia Alonso (mariscadoras a pe de Cambados)
Mª José Caneda, Eugenia Olveira, Laura Jueguen e Concepción Rey (Mariscadoras a pe Vilanova de Arousa)
Obdulia Piñeiro, Alina Sasu e Kendy Reyes (Mariscadoras a pe de Vilanova de Arousa).

