
O proxecto promovido pola Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo consiste nunha actuación integral sobre a súa sede social e administrativa, combinando intervencións de mellora enerxética, accesibilidade, modernización administrativa e capacitación profesional do sector pesqueiro local.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal do proxecto é reforzar a sostibilidade ambiental, funcional e profesional da Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo, mediante a mellora da eficiencia enerxética das súas instalacións, a modernización da xestión administrativa e a capacitación do sector pesqueiro local en materia de sustentabilidade e adaptación aos retos ambientais.
De maneira específica, o proxecto persegu:
- reducir o consumo enerxético e o impacto ambiental do edificio social da Confraría mediante a implantación de sistemas de climatización eficientes;
- mellorar a accesibilidade universal ás súas dependencias;
- avanzar na dixitalización e optimización dos procesos administrativos;
- e incrementar a cualificación e conciencia ambiental das persoas profesionais do sector, promovendo boas prácticas vinculadas á conservación dos recursos, á adaptación ao cambio climático, á eficiencia enerxética e á valorización social da actividade pesqueira.
O proxecto permitirá mellorar a eficiencia enerxética do edificio da Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo, reducindo o consumo eléctrico asociado á climatización e o impacto ambiental do seu funcionamento, avanzando cara a un modelo enerxético máis eficiente e menos contaminante.
Melloraranse o confort térmico e as condicións de uso das instalacións, garantindo a accesibilidade universal mediante a eliminación de barreiras arquitectónicas.
A modernización do equipamento informático permitirá optimizar a xestión administrativa, avanzar na dixitalización dos procesos e reducir o consumo de papel e doutros recursos.
A acción formativa reforzará a cualificación e conciencia ambiental do sector, mellorando o coñecemento sobre sustentabilidade, cambio climático, eficiencia enerxética e valorización social da actividade, favorecendo boas prácticas profesionais e unha maior capacidade de adaptación aos retos ambientais e tecnolóxicos.
Actividade 1. Mellora enerxética do edificio da Confraría.
Actividade 2. Adaptación interior e mellora da accesibilidade.
Actividade 3. Modernización da xestión administrativa.
Actividade 4. Acción formativa dirixida ao sector pesqueiro local.
Aumentar a sostibilidade das actividades pesqueiras procurando a redución da pegada de carbono
Accions promovidas polo sector pesqueiro e outras entidades, orientadas a reducir o impacto negativo no medio ambiente
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

