O principal obxectivo do presente proxecto é o deseño e a construción de maquinaria especificamente adaptada para o seu uso na recollida de algas no intermareal. Partindo dos coñecementos que as confrarías e as empresas implicadas no proxecto xa temos sobre este tema.
No caso do intermareal, xa se conta cun autocargador destinado á recollida de algas, pero con importantes limitacións en canto a súa capacidade de carga. Dado que o autocargador foi un deseño experimental, a empresa xa realizou melloras sobre este modelo. Incorporando un maior volume de carga, tracción para evitar os enterramentos e un sistema de prensado que elimina gran parte da auga das algas, e con ela a maior parte do peso. Calculamos que unha carga con todas estas melloras sería equivalente a 3 cargas co actual modelo. Non fai falta explicar as vantaxes e os beneficios que ten.
Pero o que non se fixo ata o de agora foi unir todas estas melloras, e algunha a maiores que se esta a proxectar, para incrementar máis a capacidade de carga, nunha soa máquina. Xa que son actuacións puntuais e illadas sobre modelos vellos.
Un dos obxectivos que nos planexamos e chegar a un deseño final do autocargador que xunte todos os avances que se viñeron facendo e, algo fundamental, acadar a súa certificación para que poda circular sen problemas. Posto que se a maquinaria non está autorizada a desprazarse por estrada ata os diferentes bancos marisqueiros, non sería de gran utilidade. E, este concretamente, é un dos puntos básicos e críticos no desenvolvemento dunha maquinaria que debería converterse no estándar para a recollida de algas en intermareal polas confrarías. Tanto pola súa capacidade coma polos seus nulos efectos sobre o marisco.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
A redución dos graves danos ocasionados polas algas de arribazón nas zonas de marisqueo. A través dun sistema mecanizado de alta eficiencia que implique só a 2 operarios e libere ós mariscadores desta tarefa.
A mellora da xestión dos recursos marisqueiros permite manter ou incrementar o valor da actividade, posibilita aumentar o número de permisos (creando emprego) e fai do marisqueo unha actividade atractiva para a mocidade.
A tarefa de retirada de algas en intermareal é moi dura fisicamente e cun baixo rendemento real. E implica que se deben perder xornadas de traballo extractivo para realizala.
- Aumento significativo da capacidade de retirada de algas de arribazón na zona intermareal.
- Ningunha perda de días de marisqueo por afectación das algas sobre os bancos ou por traballos de retirada realizado por mariscadores.
- Redución da mortandade e/ou efectos subletais da cobertura de algas sobre as poboacións de moluscos bivalvos comerciais.
- Mellora da situación do stock comercial e do seu manexo.
- Evitar as perdas de fixación larvaria e a mortandade larval.
- Redución de perdas ou mellora das rendas dos mariscadores.
- Redución dos efectos negativos da cobertura algas sobre os sedimentos e as comunidades.
O principal obxectivo do presente proxecto é o deseño e a construción de maquinaria especificamente adaptada para o seu uso na recollida de algas no intermareal. Partindo dos coñecementos que as confrarías e as empresas implicadas no proxecto xa temos sobre este tema.
Un dos obxectivos que nos plantexamos é chegar a un deseño final do autocargador que xunte todos os avances que se viñeron facendo e, algo fundamental, acadar a súa certificación para que poda circular sen problemas. Posto que se a maquinaria non está autorizada a desprazarse por estrada ata os diferentes bancos marisqueiros, non sería de gran utilidade. E, este concretamente, é un dos puntos básicos e críticos no desenvolvemento dunha maquinaria que debería converterse no estándar para a recollida de algas en intermareal polas confrarías. Tanto pola súa capacidade coma polos seus nulos efectos sobre o marisco.
O fundamento do sistema é que a limpeza de algas non requira de grandes tempos mortos de descarga, nin teña limitacións pola capacidade de carga. Co fin de poder adicar todo o tempo de traballo á limpeza de algas e non ter efectos negativos sobre o sedimento.
Esto é un punto crucial na limpeza do intermareal con tractores. Na que son fundamentais tanto a limitación do acceso ós bancos só nas mareas vivas, como o tempo que se perde na descarga das algas fora dos bancos marisqueiros. Dependendo do banco entre o 40 e o 60% do tempo útil de traballo (de 2 a 4 horas/día) ocúpase na descarga. Por eso é clave incrementar o volume de carga do autocargador, pero esto implica un peso moito maior e un risco certo de enterramento. Que se solventa reducindo o peso das algas mediante un prensado que elimina a auga e dotando ó autocargador de tracción.
Estos factores dan gran relevancia á experiencia que a empresa encargada do desenvolvemento do prototipo teña no traballo con elementos no mar e no tratamento das algas.
A experiencia no funcionamento dos diferentes sistemas de recollida de algas asegura o éxito do proxecto e que o sistema cubra todas as necesidades e esixencias iniciais.
Valor engadido sobre o produto Pesqueiro
1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)