Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Contratación: Asistencia técnica para a elaboración dos informes de auditoría tanto para gastos de funcionamento e animación como para proxectos financiados ao abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra

Grupo de Acción Local do Sector pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora coa Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020 no ano 2016.

O Grupo asinou un convenio coa Consellería do Mar (Anexo 1) e posteriormente unha addenda ao mesmo para a súa extensión ás anualidades 2021 e 2022 en virtude do que, o Grupo segundo a cláusula vixésima, deberá remitir un informe trimestral coa xustificación dos gastos subvencionables acompañado dun informe de auditoría que haberá de ser elaborado por un auditor externo, inscrito no ROAC.

Ademais, as xustificacións dos proxectos subvencionados ao abeiro da EDLP aprobada deberán ir acompañados tamén por un informe de auditoría. Estas auditorías haberán de axustarse á instrucción remitida pola Consellería do Mar para os informes de auditoría e as súas posteriores actualizacións de 2021 e 2022.

Por este motivo, o Grupo solicita a asistencia técnica para a elaboración dos informes de auditoría tanto para gastos de funcionamento como para proxectos. Na oferta deberá vir especificado o orzamento para cada un de estes conceptos de forma separada e debendo establecerse unha fórmula de cálculo para o importe de auditoría dos proxectos en función do orzamento finalmente aprobado pola Consellería do Mar para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra na presente anualidade. Igualmente deberá procederse cos gastos de funcionamento na previsión de que estes non se xustificasen na súa totalidade.

O alcance dos traballos de auditoría inclúe tamén as xustificacións de proxectos aprobados en anualidades anteriores con xustificación nesta anualidade.

DOCUMENTACIÓN