O PERCEBEIRO, S.L. pretende mellorar a eficiencia enerxética de seu proceso produtivo e a trazabilidade dos seus produtos procedentes da pesca costeira artesanal, e que elabora no seu Centro sito nos Departamentos 51 a 54 do Edificio de Exportadores de O porto Pesqueiro de Marín, Concello de Pontevedra
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do presente proxecto de investimento, consiste na EFICIENCIA ENERXÉTICA E MELLORA DA TRAZABILIDADE para a comercialización dos produtos do mar que elaboramos no Centro de Elaboración, transformación e comercialización de produtos do mar, e cuxa execución nos permitirá obter un importante aforro enerxético e unha mellora substancial do sistema de xestión e organización do proceso produtivo o que aumentará o valor engadido dos produtos procedentes da pesca costeira artesanal da zona, incluíndo a acuicultura e o marisqueo.
A implementación de innovacións tecnolóxicas para a mellora de eficiencia enerxética nos procesos de elaboración, transformación e comercialización, permitirá:
- un aforro no consumo de enerxía eléctrica, con menor impacto ambiental e o apoio á mitigación do cambio climático.
- mellora o seu rendemento e competitividade económica. En consecuencia, contribuirase á mellora da competitividade do sector pesqueiro e a dignificación das profesións do mar, favorecendo o mantemento de emprego dentro do sector.
Este proxecto contribuirá a reforzar a súa actividade económica, o que favorecerá o aumento das posibilidades de traballo, das condicións de vida e do atractivo do sector pesqueiro para cubrir as necesidades de substitución xeracional. Todo iso, redundará na cohesión e o benestar social do territorio GALP Ría de Pontevedra.
1.- Mellorar a competividad e o resultado económico da entidade promotora mediante a mellora da eficiencia enerxética e un maior aforro de enerxía eléctrica no desenvolvemento do proceso de elaboración e comercialización de produtos galegos de alta calidade elaborados de forma artesanal.
2.- Mellorar substancialmente a operatividade do sistema de xestión e organización do centro de transformación dos produtos procedentes da pesca costeira artesanal do territorio, en óptimas condicións de traballo,
seguridade, e trazabilidad, en consonancia coas actuais esixencias da
normativa sanitaria.
3.- Promocionar e diferenciar o distintivo de calidade dos produtos do mar procedentes das capturas locais, de tal forma que cheguen ao consumidor en óptimas condicións de trazabilidad e seguridade
alimentaria, o que incrementará o valor engadido dos peixes e mariscos, e por tanto beneficiará o resultado económico
1. Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.
1.1.1. Revalorización dos produtos do mar, trazabilidade, diversificación da oferta e melloras na comercialización e na promoción.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)