Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

enLonxa

O proxecto consiste na mellora da comcercialización da lonxa de Portonovo a través dos canais de venda habituais e a través de internet grazas ao uso da plataforma online “www.pescadoartesanal.com”, para a promoción dos produtos pesqueiros capturados pola frota artesanal da confraría de Portonovo. Ademais disto, co fin de promocionar e poñer en valor ao sector pesqueiro artesanal, seu traballo e os produtos pesqueiros que capturan, desenvolveranse actividades de turismo mariñeiro. Ditas actividades consistirán na organización e realización de visitas guiadas á lonxa con posibilidade de visitar o porto, a nave de redeiras, e a praza de abastos. A través de ditas visitas os participantes poderán coñecer, de primeira man, a singularidade do sector pesqueiro artesanal, as artes empregadas e os produtos capturados.

Datos xerais
Acrónimo: 
enLonxa
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONFRADÍA DE PESCADORES SAN ROQUE DE PORTONOVO
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Confraría de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
17/07/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
29
Anualidades: 
2018 - 2020
Data fin de execución: 
31/10/2020
Ámbito de aplicación: 

Portonovo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
48.223,54 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
46.517,15 €
Total axuda pública aprobada (€): 
46.517,15 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
39.539,58
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.977,57
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é a mellora da comcercialización da lonxa de Portonovo a través dos canais de venda habituais e a través de internet grazas ao uso da plataforma online “www.pescadoartesanal.com”, para a promoción dos produtos pesqueiros capturados pola frota artesanal da confraría de Portonovo. Ademais disto, co fin de promocionar e poñer en valor ao sector pesqueiro artesanal, seu traballo e os produtos pesqueiros que capturan, desenvolveranse actividades de turismo mariñeiro. Ditas actividades consistirán na organización e realización de visitas guiadas á lonxa con posibilidade de visitar o porto, a nave de redeiras, e a praza de abastos. A través de ditas visitas os participantes poderán coñecer, de primeira man, a singularidade do sector pesqueiro artesanal, as artes empregadas e os produtos capturados.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Co desenvolvemento do proxecto espérase acadar os seguintes resultados:

 

 -      Creación dun novo posto de traballo.

 

 -  Aumento da trazabilidade mediante o etiquetado individual do produto “PescadeRías, de onde se non?”

 

-           Aumento dos comercializadores e das vendas da lonxa de Portonovo, tanto presenciais como a través de internet, ademais de un aumento do uso da plataforma “pescadoartesanan.com”.

 

-           Promoción e posta en valor do sector pesqueiro artesanal de Portonovo, seus produtos e traballo a través dun turismo mariñeiro sostible.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto susténtase sobre dous pilares fundamentais: a mellora da trazabilidade e comercialización dos produtos pesqueiros da lonxa de Portonovo, e o uso da lonxa para a posta en marcha de actividades de turismo mariñeiro por parte do sector pesqueiro.

 

Respecto ao primeiro, para acadar a mellora na trazabilidade e comercialización realizaranse as seguintes actividades:

-           Contratación de persoal.

-           Adquisición de pistolas de etiquetado para pescado que permitan el aumento de la trazabilidade mediante o etiquetado individual baixo a marca de calidade “PescadeRías, de onde se non?”: Dita marca de calidade é cada vez máis demandada polos comercializadores da lonxa de Portonovo polo que a realización do etiquetado individual axudará a mellora da comercialización.

-           Emprego da plataforma “pescadoartesanal.com” para a promoción e venda dos produtos procedentes da pesca artesanal de Portonovo a través de internet: Na actualidade a falta de persoal dificulta o emprego da plataforma, a promoción do seu uso, e a mellora da comercialización e promoción dos produtos da lonxa de Portonovo a través de internet.

-           Captación de novos comercializadores: Nos últimos anos a lonxa de Portonovo experimenta unha baixada na comercialización dos seus produtos contra a que quere loitar realizando unha campaña de captación de clientes (empregando os canais habituais o a través de internet co emprego da plataforma de comercialización “pescadoartesana.com”).

 

Respecto ao segundo, para o uso da lonxa para a posta en marcha de actividades de turismo mariñeiro realizaranse as seguintes actividades:

 

-           Creación dunha páxina web: hoxe en día a promoción dos produtos e servizos realizase, fundamentalmente, a través de internet polo que para poder informar á cidadanía da realización de visitas guiadas á lonxa de Portonvo se implementará unha nova web da confraría. Dita web terá toda a información sobre a confraría e as súas actividades.

-           Adquisición de material para a adecuación da lonxa ao turismo mariñeiro: para a realización de visitas guidas, e como método de apoio didáctico, será necesario a adquisición de:

  • Unha pantalla na cal se poderá proxectar imaxes antigas da vila e demais material audiovisual sobre a historia da confraría e do sector pesqueiro. Ademais dita pantalla servirá como apoio tanto para a realización de visitas guiadas como para outras actividades promocionais que se realicen na lonxa (actividades dentro da festa da raia, showcookings, reunións informativas sobre pescadoartesanal, etc.).

Vinilos informativos: se decorarán a lonxa con información sobre as especies, vedas/peixe de tempada, tallas mínimas, artes de pesca, etc.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1. Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e a promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.

2. Apoiar á diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego a á mellora do benestar social na zona costeira.

4. Protexer e poñer en valor o patrimonio cultural como recurso emblemático na Ría de Pontevedra, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

 
Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.

2.1. Promover o aproveitamento dos recursos do territorio reforzando a asociación da herdanza do mar coas oportunidades para o turismo, a dinamización da actividade económica, e a cohesión social e territorial.

4.1. Protexer o patrimonio cultural, mellorando a súa identificación e documentación e poñendo en valor os recursos identificados, coa finalidade de reforzar a identidade territorial e o valor da zona costeira

 
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)