Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra abre o proceso de contratación para a realización dunha Asistencia Técnica para Avaliación Intermedia da execución da EDLP do GALP Ría de Pontevedra

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora pola Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020.

O Grupo asinou un convenio coa Consellería do Mar en virtude do que, o Grupo deberá en función da súa EDLP deberá realizar unha Avaliación intermedia do grao de execución, obxectivos e resultados da mesma.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta para a prestación dunha Asistencia Técnica para o desenvolvemento da Avaliación Intermedia a partir dos datos das anualidades 2016, 2017 e 2018.

Na oferta deberá incluírse:

  • Oferta técnica coa descrición das actuacións a realizar e melloras que se ofertan. As condicións mínimas da Avaliación intermedia poden consultarse na EDLP publicada na web da Xunta: galp.xunta.gal.
  • Oferta económica polo importe da Asistencia Técnica, desagregada nas diferentes partidas e conceptos do traballo a desenvolver e con especificación do IVE.
  • Poderá contratarse por separado a Análise de Implementación a partir de fontes e datos e o proceso participativo de avaliación que aporte as achegas de asociados e cidadanía en xeral, agás que así se faga constar na oferta. Ambas partes deberán estar perfectamente definidas e deslindadas tanto nas súas actividades como no seu prezo.
  • Deberá desenvolverse unha avaliación particular dos Criterios de avaliación de proxectos que inclúa, no caso de considerarse necesario polo respaldo dos órganos de participación do GALP, unha nova proposta dos mesmos, seguindo o proceso de modificación da EDLP necesario.
  • Anexos a contratación segundo modelos anexos remitidos polo GALP.
  • Así mesmo os contratistas deberán acreditar a súa capacidade para contratar mediante unha declaración responsable e cumprimentando o Anexo que se xunta a estas bases.
  • Tamén deberán acreditar a súa solvencia técnica para o desenvolvemento do contrato.

 

Condicións técnicas da oferta: