Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Procedemento de Contratación de Asistencia Técnica para a posta en marcha da Actividade de Dinamización Remuda xeracional do GALP Ría de Pontevedra

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora pola Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020.

O Grupo asinou un convenio coa Consellería do Mar en virtude do que, o Grupo deberá contribuír á dinamización da presentación de proxectos ás convocatorias anuais de axudas e tamén á promoción económica da actividade pesqueira e marítima.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta para a prestación dunha Asistencia Técnica para o desenvolvemento do programa de actividades de Dinamización Remuda Xeracional do GALP Ría de Pontevedra.

 

Información básica sobre a actividade Remuda Xeracional: actividades con escolares (ESO) na procura do relevo xeracional nas profesións pesqueiras e marítimas.  

OBXECTIVOS: O obxectivo desta actividade é dar a coñecer á mocidade as posibilidades laborais que ofrece o sector pesqueiro para promover o relevo xeracional e, en xeral, os oficios vinculados ao mar con especial énfase en aqueles vinculados as actividades do crecemento azul.

LUGAR E DATA DE REALIZACIÓN: As actividades desenvolveranse en todos os centros de ensino secundario do territorio, previa presentación aos mesmos do programa de actividades e sinatura de acordo de participación.

DESTINATARIOS: A campaña estará dirixida escolares do/s último/s ano/s da ESO e Bacharelato.

ENTIDADES COLABORADORAS: O GALP Ría de Pontevedra participará na selección de entidades colaboradoras que participen no programa de visitas a entidades do territorio vinculadas ao ensino de titulacións marítimas e pesqueiras, especialmente: Escola Náutico – Pesqueira de Bueu, IGAFA (A Illa de Arousa), empresas do sector pesqueiro, Confrarías, centro de traballo de redeiras, …

BREVE DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES A REALIZAR: As actividades a realizara para a promoción da incorporación da mocidade e oficios vinculados ao sector pesqueiro ou marítimo en xeral, son as seguintes:

‐ Invitacións aos centros escolares a participar coa achega do programa deseñado de actividades a desenvolver polos alumnos do centro educativo.

‐ Edición de material didáctico para repartir aos escolares participantes na campaña (solo impresión do material xa dispoñible polo GALP).

‐ Xornada nas aulas. Presentación de oficios pesqueiro e marítimos nas aulas dinamizados con vídeos de persoas do sector orgullosas do seu traballo (vídeo xa realizado polo GALP).

‐ Xornadas de visita ás principais actividades do sector

‐ Memoria de execución.

Criterios de adxudicación e documentación a presentar

GALP 6_ANEXO III_Instrucción 11_Contratación