Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Procedemento de Contratación de Asistencia Técnica para xestión de redes sociais e comunicación on-line do GALP Ría de Pontevedra

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora pola Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020.

O Grupo asinou un convenio coa Consellería do Mar en virtude do que, o Grupo deberá contribuír á dinamización da presentación de proxectos ás convocatorias anuais de axudas.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta para a prestación dunha Asistencia Técnica para a xestión da comunicación on line do GALP Ría de Pontevedra.

Información básica sobre a presenza on line do GALP Ría de Pontevedra.

O GALP Ría de Pontevedra conta coa seguinte presenza on line:

  • páxina web propia na que colga información sobre a súa actividade: galpriadepontevedra.org.
  • Ademáis colga a información tamén na web que a Consellería do Mar ten habilitada para os GALPs de Galicia galp.xunta.gal.
  • E a plataforma de comercialización conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra pescadoartesanal.com
  • En canto a redes sociais, o GALP Ría de Pontevedra xestiona unha conta de facebook ao seu nome (perfil e páxina) e un canal de youtube.
  • Tamén teñen redes sociais asociadas o proxecto pescado artesanal (facebook, twitter e instagram, linkedin).

Deberá terse en conta que unha parte importante da labor do GALP é servir como nexo de unión entre as asociacións que a conforman non soamente para o desenvolvemento de accións conxuntas senón para poñer en común as actividades que realizan todas elas.

Criterios de adxudicación e documentación a presentar

GALP 6_ANEXO III_Instrucción 11_Contratación