
O proxecto céntrase na execución das actividades que dende a Confraría se consideran previas e preparatorias para a posterior posta en marcha dun servizo turístico de visita ás zonas de marisqueo e de coñecemento da fauna en colaboración con outros axentes turísticos do territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é a formacion e adaptación a novas oportunidades profesionais compatibles para o aumento das competencias do sector marisqueiro da confraría de Lourizán na súa busca da diversificación no seu traballo, avaliando a posibilidade de por en marcha actividades turísticas guiadas nas zonas de marisqueo para protexer e poñer en valor a actividade dos mariscadores/as e o patrimonio medioambiental da Ría de Pontevedra.
Como resultado final deste proxecto espérase que o colectivo do marisqueo a pé da confraría de Lourizán estea preparado para asumir e levar a cabo actividades de turismo mariñeiro, tanto para adultos como para nenos, nas zonas de traballo dos mariscadores/as.
Polo tanto o resultado non será outro que a diversificación do sector do marisqueo, a posta en valor da actividade do marisqueo e a promoción sostible e integrada da pesca artesanal e do patrimonio medioambiental da Ría de Pontevedra.
1.- Estudio arquitectónico de usos do edificio da Confraría de Lourizán para avaliar e definir a potencial posta en valor do edificio propiedade da Confraría de Pescadores de Lourizán, atendendo aos requirimentos de planeamento urbanísticio municipal, edificabilidade e consideracións organizativas asociadas para dar soporte á actividade turística.
2.- Deseño e elaboración dunha páxina web de información do territorio e de contacto, para a concertación e información sobre as visitas á Ría.
3.- Formación para 20 socios/as da Confraría que voluntariamente desexen participar no proxecto e que se involucren nel. Esta formación estará centrada nos seguintes contidos:
- inglés básico
- Habilidades sociais
- prevención de riscos laborais
- interpretación da vida da costa
4.- Estudo de mercado e de viabilidade económica para a posta en marcha do servizo turístico
2. Apoiar á diversificación dentro ou fora da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego e á mellora do benestar social da zona costeira.
2.1.1. Deseño e iniciativas de turismo desestacionalizado apoiado no sector pesqueiro e a cultura e tradición mariñeira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)