O proxecto consiste nun programa educativo de talleres de educación ambiental e roteiros guiados dirixido os centros educativos do concello coa finalidade de mellorar a fomentar a conciencia ecolóxicada comunidade escolar, para a adopción de prácticas de conservación,protección e mitigación de impactos sobre o patrimonio natural, etnográfico, histórico, cultural e para a súa posta en valor.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellorar a fomentar a conciencia ecolóxica da comunidade escolar, para a adopción de prácticas de conservación, protección e mitigación de impactos sobre o patrimonio natural, etnográfico, histórico, cultural e para a súa posta en valor.
O resultado principal do proxecto é o achegamento dos escolares aos valores paixasísticos, ambientais, etnográficos culturais e históricos ligados o marisqueo, a acuicultura, a industria conserveira, o patrimonio industrial (fábricas de cerámica, muíños) e a viticultura como actividade económica principal. A través deste proxecto a comunidade educativa traballa a realidade do litoral e o rural do seu concello fomentando comportamentos para contribuír á súa conservación. Protexese o patrimonio cultural e etnográfico, axudando a identificar os recursos da zona e aumentando o seu valor. Promovese o intercambio de coñecementos interxeracionais.
Realizaranse as seguintes actividades con escolares:
Roteiro de actividades ligadas colitoral para coñecer o patrimonio cultural e industrial que se desenrolou no concello e as actúais actividades .
- Visita a zona marisqueira de Villalonga para ver as distintas artes de marisqueo e as especies onde traballan as mariscadoras de Meaño.
- Visita a conserveira PescadosVixa.
- Ruta pola senda do río Chanca onde se lles explicará a actividades das antigas fábricas de cerámica outelleiras, os fornos, o aserradero e o muelle.
- Ruta de recoñecemento de flora e fauna do esteiro do Chanca que forma parte do Complexo Intermareal Umia-O Grove.
- Roteiro para coñecer o patrimonio e historia ligado o rural polo seu componente cultural e económico, que inda hoxe se lle da uso e que forman un recurso turístico importante do concello.
- Ruta dos Muiños no río Chanca que desenboca no esteiro
- Ruta dos cruceiros
- Ruta dos lavadoiros
- Ruta dos hórreos
- Visitas a fincas vitivinícolas
- Visita a Forjas del Salnés para coñecer o proceso de fabricación das bateas.
Obradoiros na aula:
Unha vez finalizados os roteiros no centro educativo desenrolaranse obradoiros adaptados a idade dos nenos para crear situacións de comunicación e intercambio das experiencias que tiveron empregando aplicacións interactivas e comunicación dixital.
3. Impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático, así como contribuír á concienciación cidadá nestes ámbitos
3.1. Fomentar a conciencia ecolóxica e o aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas costeiras para as xeracións actuais e futuras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)