luns, 4 de Decembro de 2023 - 09:12

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada o día 24 de novembro de 2023 con quórum dabondo, en segunda convocatoria, en base aos estatutos, no punto 2 da orde do día relativo a “Exposición e proposta de aprobación, se procede, de proxectos presentados á convocatoria de axudas de 2023, tomáronse, entre outros, os seguintes acordos:
- Aprobar por unanimidade a proposta do equipo técnico de resolución provisional de concesión de axudas así como a proposta de desestimación de solicitudes que se recolle nos Anexos I e II.
- Publicar a proposta de resolución provisional no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra e na paxina web galp.xunta.gal coa advertencia de que esta non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.
- Outórgase un prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións a esta proposta dende a data da súa publicación. Pasado este prazo, se non se reciben alegacións a esta resolución, acórdase que esta proposta pase a definitiva. Esta proposta definitiva, publicarase tamén na páxina web galp.xunta.gal, no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra – coa mesma advertencia de que non xera ningún dereito a favor dos solicitantes propostos - e enviarase a Consellería do Mar
Que finalizado este prazo de cinco días hábiles para a realización de alegacións sen que se recibira ningunha alegación contra a proposta provisional e tal como se recolle na acta da xuntanza celebrada o día 24 de novembro de 2023, a proposta provisional pasa a ser definitiva.
Na seguinte ligazón poden consultar a GALP_RP_Certificación de acordo da proposta definitiva.

