Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada técnica Marisqueo na Ría de Pontevedra

O proxecto consiste nunha xornada técnica dun día de duración, que abordará a temática do marisqueo na Ría de Pontevedra, e especialmente, a que afectá á ameixa .

 
Datos xerais
Acrónimo: 
GALP-RP
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Poio
Datos de interese: 
https://concellopoio.gal/
Perfil empresarial: 
Entidade Pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
13/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 
-
Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
11.253,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
10.890,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
10.890,00 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
7.623,00 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
3.267,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

A xornada técnica sobre o marisqueo na Ría de Pontevedra e o impacto específico sobre a ameixa en Campelo estrutúrase arredor de catro obxectivos fundamentais, que buscan ofrecer unha visión completa da situación actual, promover o diálogo entre os distintos axentes implicados e establecer directrices para unha xestión sostible do sector. Tratarase de analizar en profundidade o estado actual do marisqueo na Ría de Pontevedra, con especial atención á situación da ameixa en Campelo.

Os obxectivos son:

  • Analizar en profundidade o estado actual do marisqueo na Ría de Pontevedra, con especial atención á situación da ameixa en Campelo.
  • Xerar un espazo de diálogo e cooperación entre mariscadoras, técnicos, administracións públicas e empresas vinculadas ao sector marisqueiro.
  • Coñecer experiencias de éxito doutros territorios en materia de xestión sostible do marisqueo.
  • Elaborar un informe final que sintetice os desafíos detectados e propoña solucións e melloras.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A xornada técnica sobre o marisqueo en Campelo está deseñada para aliñarse de maneira estratéxica cos obxectivos establecidos na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). A súa planificación responde ás necesidades identificadas no sector e pretende xerar un impacto real e positivo na gobernanza, na valorización do produto, na sostibilidade ambiental e na diversificación económica do marisqueo na Ría de Pontevedra.

Principais actividades do proxecto: 
  • Duración: Xornada completa (en horario de mañá e tarde)

1.-Apertura e Presentación (9:00 - 9:30)

Benvida a cargo das autoridades locais e representantes do GALP. Presentación da axenda e dos obxectivos da xornada.

2.- Charla Técnica: Estado do Marisqueo na Ría de Pontevedra. (9:30 - 11:00).

Ponente: Especialista en xestión sostible do marisqueo.

Temas a tratar:

o Situación actual dos bancos marisqueiros.

o Problemáticas específicas da ameixa en Campelo.

o Impacto das normativas e medidas de conservación.

o Propostas de boas prácticas na xestión do recurso.

Quenda de preguntas e debate.

3.- Showcooking: Valorización da Ameixa de Campelo (11:30 - 13:00)

Con chef invitado: Especialista en cociña mariñeira.

Demostración gastronómica: preparación de pratos innovadores con ameixa de Campelo.

4.- Mesa Redonda: Diálogo Aberto entre Axentes do Sector (15:00 - 17:00)

Temas a tratar:

o Problemáticas clave identificadas.

o Necesidades do sector.

o Experiencias exitosas noutros territorios.

o Posibles liñas de actuación conxuntas.

5.- Elaboración dun informe final

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Obxectivo específico da EDLP: 

Promover sinerxias e o fomento de accións colaborativas que teñan coma obxectivo acadar o desenvolvemento sostible da zona costeira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)