Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Catálogo "O mar tamén ten mulleres"

"O mar tamén ten mulleres é unha exposición fotográfica itinerante posta en marcha polo GALP Ría de Vigo - A Guarda para visibilizar o traballo das mulleres que dedicaron a súa vida ás tarefas do mar.

Recolle a historia das mariscadoras, redeiras, percebeiras, peixeiras, traballadoras da salga e da conserva, bateeiras e de todas as mulleres do mar. Todas elas foron protagonistas do seu tempo e sono agora desta exposición, que recupera as sabenzas de mulleres anónimas para poñer en valor o seu traballo e renderlles homenaxe ao rescatar capítulos preciosos da nosa historia.

Podes descargar o catálogo aquí:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/catalogo_o-mar-tamen-ten-mulleres.pdf