Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

DE CÓMO REMOBILIZAR E OSIXENAR DE XEITO NATURAL BANCOS MARISQUEIROS CON PERDAS DE PRODUCCIóN

O proxecto pretende avaliar, mediante un estudio técnico, os posibles efectos ambientais que terían lugar coa retirada de parte dunha escollera que foi construída no ano 1926. A construción desta escollera foi vantaxosa no seu momento en termos de navegabilidade xa que permitía ás embarcacións da zona acadar a zona de ribeira situada, naqueles tempos, no que actualmente conforma o núcleo urbano da vila. Paralelamente, a construción desta escollera tamén implicou a modificación forzosa das condicións oceano-fluviais e da dinámica sedimentaria derivada delas, feito que trouxo consigo unha modificación importante do entorno natural, cuxos principais efectos son o incremento de zonas de „sombra e chairas lamosas, perda substancial de superficie osixenada e bancos de area, e degradación paulatina da praia de Cesantes e os seus bancos marisqueiros por retirada total dos aportes sedimentarios (area fluvial). Achéganse ortofotografías aéreas da zona dos anos 1956 e 2017 nas que se observa con claridade a diminución da cuberta de area e o avance da lama nas proximidades da escollera e en concreto nos bancos da Barra e da Portela. Ambos procesos son debidos á obstaculización que a escollera ocasiona sobre a oleaxe, correntes de marea e descargas fluviais, todos eles axentes oceanográficos que en combinación son os encargados da remobilización e distribución do sedimento. Tamén se pode observar Proxecto non produtivo o deterioro de toda a praia de Cesantes a as zonas de explotacion que se distribúen por ela, deterioro en parte producido por a desconexión sedimentaria que supuxo a implantación dunha escollera que corta o subministro sedimentario (area fluvial) que mantiña nutrida esta praia. Fronte a este problema de perda de area a Confraría levou a cabo proxectos de rexeneración de áridos (ver ortofotografía de 2017) na zona da Barra. Estas medidas de rexeneración, a pesares de requirir un grande esforzo (mobilización de recursos humanos, materiais e económicos) son ínfimas, comparando a totalidade da superficie do banco. ademais, a Confraría é consciente que este é un “parche” temporal que irá desaparecendo co tempo xa que de continuar presente un obstáculo oceanográfico como a da escollera do río Alvedosa, seguiran imperando os procesos de perda de superficie de bancos de area, procesos de acumulación de lama e desnutrición da praia de Cesantes. O resultado destes procesos é o progresivo enlamacemento da zona xeran unha diminución da produción dos bancos marisqueiros e dificultan a fixación larvaria. Proba deste baixo hidrodinamismo é a acumulación de algas de arribazón do xénero Ulva e Enteromorpha, que son habituais en zonas con baixas taxas de renovación, pouca oleaxe e “pechadas” ao mar. O desequilibrio creado xera perdas na producións da zona pesqueira, e a desaparición de sedimento nun lugar de ocio e lecer como é o areal de Cesantes. Con este proxecto se pretende realizar un completo estudo que permita, a parte de confirmar a interpretación sedimentaria arriba indicada, estudar e avanzar na definición da proposta de actuación, en concreto da avaliación dos posibles efectos ambientais dunha posible obra de retirada da escollera, facendo fincapé sobre todo na búsquena e cuantificación de posibles efectos adversos, e levar a cabo a redacción da documentación técnica necesaria para a súa correcta tramitación. No estudo que se propón se contemplan traballos de mostraxe en campo (en concreto mostraxe de sedimento, biota e toma de datos topográficos), traballos de análise de laboratorio (para analizar as mostras e caracterizalas dende un punto de vista sedimentolóxico, biolóxico e de presenza de contaminantes), traballos de gabinete (para documentarse, análise de datos e redacción de informes) e traballos de consulta pública e divulgación. Tratase dun estudo a executar nos vindeiros 5 meses. RELEVANCIA PARA A ZONA PESQUEIRA (explique por que o proxecto é importante para a zona de

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP7-140
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONFRARIA DE PESCADORES DE REDONDELA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
CONFRARIA DE PESCADORES
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
09/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/08/2021
Ámbito de aplicación: 

RÍA DE VIGO 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
14.196,80€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
11.732,89€
Total axuda pública aprobada (€): 
10.559,60€
% Subvención: 
90%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
8.975,66€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
1.583,94€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
-
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
-
Principais actividades do proxecto: 
-
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
-
Obxectivo específico da EDLP: 
-
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)