Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Desenvolvemento do cultivo integral da especie de anémona Anemonia viridis para unha explotación sostible na Ría de Vigo

O proxecto ten como obxectivo principal completar en catividade o ciclo de vida da Anemona viridis, un cnidario de la clase de los Antozoos con gran potencial nas costas galegas, e desenvolver o seu cultivo en batea situada ena zona costeira do municipio de Cangas ("polígono C" de Cangas, na Ría de Vigo, cuadrícula 93, que se sitúa nunha profundidade media de 12 m), diversificando un sector actualmente enfocado ao cultivo do mexillón na Ría de Vigo. 

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP7-145
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONFRARIA DE PESCADORES SAN JOSÉ DE CANGAS
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
CONFRARIAS
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
09/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

RÍA DE VIGO 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
48.378,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
46.441,74
Total axuda pública aprobada (€): 
44.119,65
% Subvención: 
95%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
37.501,70€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
6.601,95€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é describir unha metodoloxía adecuada de cultivo da especie Anemonia viridis na Ría de Vigo, co fin de impulsar esta actividade entre o sector produtivo e favorecer unha xestión sostible do recurso, sen por en perigo as poboacións naturais desta especie. A proposta está relacionada co obxectivo específico 1.1. do FEMP, que pretende introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar. Este obxectivo está encadrado no obxectivo estratéxico 1, que pretende, entre outros items, mellorar a competitividade do sector pesqueiro, crear emprego e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños. Tamén está aliñado cos obxectivos específicos do obxectivo estratéxico 2 (2.1) contribuíndo á valorización dos produtos pesqueiros locais a través de novos aproveitamentos, ou incrementando o seu valor engadido, clarificando o seu posicionamento no mercado ou fomentando o seu coñecemento entre a poboación e (2.2) conseguindo a creación de novos produtos e servizos turísticos intersectoriais. Ademais, coa introdución do cultivo de anémonas, diminuirá a presión sobre as poboacións salvaxes, contribuíndo á conservación do medio natural na zona costeira (Obxectivo específico 3.1), e fomentando o aproveitamento sostible do patrimonio.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O proxecto permitirá coñecer mais datos sobre a bioloxía desta especie e establecer os protocolos de reprodución en catividade e de crecemento no medio natural para a súa produción. A posta en práctica deste proxecto piloto suporá un importante avance no coñecemento das técnicas de produción dun recurso mariño que é pouco coñecido nas nosas augas pero moi valorado noutras rexións coma Andalucía e parte do Mediterráneo. As experiencias pilotos deseñadas permitirán coñecer datos sobre a súa bioloxía e a metodoloxía axeitada para cultivar estes recursos, abrindo as portas a creación de novas oportunidades de negocio. Desta maneira, reducirase a presión extractiva sobre os bancos naturais, fomentando unha acuicultura sustentable dende o punto de vista medioambiental, e ademais permitirá axustar a produción de anémonas aos requirimentos do mercado. O proxecto permitirá establecer cales son as mellores condicións ambientais na contorna da Ría de Vigo e os mellores protocolos para o cultivo da Anemonia viridis. A experimentación incluirá unha fase de reprodución en laboratorio (para completar o seu ciclo de vida por reprodución sexual, e reprodución asexual por bipartición en tanques de cultivo en terra) e unha fase de crecemento no medio natural en batea, compartindo espazo co mexillón e sobre sustratos duros no intermareal. Deste xeito se poderán establecer protocolos de crecemento e cultivo axeitados, que servirán non só para a explotación do recurso polo sector pesqueiro, senón que tamén abrirá as portas á posibilidade de reparqueo de bancos de anémonas no explotables (por exemplo en dársenas de portos, zonas rochosas onde as poblacións naturais desapareceron, etc). A adaptación dos plans de xestión a bioloxía da especie contribuirá á explotación sostible deste recurso, mellorando o equilibrio ecosistémico, o cal resulta de vital importancia para a conservación de espacios protexidos como a Zona de Especial Conservación Costa da Vela (Rede Natura 2000) ou o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIAG). A transferencia de resultados entre confrarías nun futuro para aproveitar conxuntamente o recurso, abrirá a posibilidade de aproveitalo en varias localidades marítimas, fomentando a colaboración e traballo en rede

Principais actividades do proxecto: 

ACTIVIDADE 1. Selección das potenciais zonas de cultivo na Ría de Vigo: A selección dos puntos de muestreo, tanto para a colleita dos proxenitores coma para levar a cabo os experimentos de crecemento, é un punto clave para o desenvolvemento do proxecto. A. viridis e unha especie que habita en diferentes ambientes, dende a zona intermareal ata os 20 metros de profundidade, pero en condicións moi variables. A escaseza de anémonas nas zonas onde se extrae este recurso, podería indicar que os bancos naturais están a sufrir unha regresión, e que no pasado A. viridis tiña un rango de distribución mais amplo que na actualidade. Aínda que algunhas destas zonas están actualmente desocupadas, é lóxico pensar que as condición ambientáis son as adecuadas para o crecemento desta especie, polo que estas áreas serán tidas en conta para a selección das posibles zonas de cultivo. 

ACTIVIDADE 2. Reproducción e crecemento en laboratorio (in door): Nesta fase tratarase de establecer un protocolo de reprodución e crecemento en catividade da especie Anemonia viridis e a monitorización dos exemplares recrutados. 

ACTIVIDADE 3. Crecemento no mar dos exemplares obtidos en laboratorio: As anémonas obtidas no laboratorio trasladaranse ao mar para o seu crecemento mediante fixación en diferentes tipos de estruturas. 

ACTIVIDADE 4. Actividades de formación e difusión do proxecto

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Aumento do valor, creación do emprego, atracción de xóvenes e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura;.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1. Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar. Obxectivos específicos 2.1. Contribuir á valorización dos recursos pesqueiros locais, a través de novos aproveitamentos, o incremento do seu valor engadido, o posicionamento claro no mercado e o fomento do coñecemento entre a poboación. Obxectivo específico 3.1. Acadar a conservación do medio natural na zona costeira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)