Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación do Plan da Cultura marítima horizonte 2030-PCUMA

O día 18 de decembro tivo lugar no Museo do Mar de Galicia unha xornada de presentación do Plan Cultura Marítima Horizonte 2030- PCUMA, da man do seu director Óscar Fuentes. Por parte da Conselleria do Mar acudiron o Conselleiro do Mar e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Por parte do GALP acudiron os representantes do Concello de Baiona, da Confraría de pescadores "San Xosé" de Cangas, a directora de Funpromar, a directora da Casa da Navegación e a xerencia do GALP Ría de Vigo - A Guarda.