Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de presentación de axudas e sensibilización medioambiental en Vigo

Xornada de presentación de axudas e sensibilización medioambiental en Vigo

O  día 10 de febreiro de 2017, tivo lugar na AA.VV. de Bouzas en Vigo a “Xornada de presentación de axudas e sensibilización medioambiental do FEMP”. A xornada comezou ás 18:30 horas.

A xornada comezou coa benvida do presidente da Plataforma Defensa da Ría D. Serxio Regueira Gómez, que explicou aos presentes en que consiste o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda.

De seguido, a xerente do GALP 7, Dona Elena Herbello presentou o borrador da orde de axudas do FEMP que xestionará o grupo, así como exemplos de proxectos que poderían ser subvencionables, xa que se adaptan á estratexia de desenvolvemento local participativo aprobada pola Consellería para a nosa zona.

A continuación, D. Ricardo Prego Reboredo, científico do Consello Superior do Instituto  de Investigaciones Marinas CSIC presentou “Condicións oceanográficas que favorezan a depuración de contaminantes na Ría de Vigo”.

A xornada finalizou coa mesa redonda - coloquio.