
O proxecto da Lonxa de Lira ten como obxectivo modernizar, ampliar e reorganizar as súas instalacións para mellorar o procesado do polbo capturado artesanalmente con nasa. Preténdese aumentar a capacidade produtiva, optimizar o fluxo de traballo e garantir a trazabilidade e calidade do produto, así como mellorar as condicións laborais. Implementarase un sistema de trazabilidade mediante a adquisición de maquinaria de pesaxe e etiquetado, así como equipos informáticos para a xestión dixital do proceso esperándose un incremento da produción de 180 a 261 toneladas anuais, reforzando a sustentabilidade económica e ambiental da lonxa
As accións inclúen: redistribución de espazos, melloras na infraestrutura, adquisición de maquinaria e equipos informáticos. Tamén se renovarán elementos interiores e mellorarase a eficiencia enerxética mediante sistemas como climatización VRF, tecnoloxía inverter, illamento térmico e o uso de enerxías renovables (placas solares). Todo isto cumpre co Código Técnico da Edificación.
A actuación non creará novos empregos directos, pero manterá dous postos existentes e subcontratará o procesado ás mariscadoras da confraría, favorecendo así o emprego local e a continuidade da actividade pesqueira
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os obxectivos do proxecto da Lonxa de Lira céntranse en aumentar a capacidade produtiva, mellorar a eficiencia nos procesos de manipulación e almacenamento do polbo, garantir a trazabilidade e seguridade alimentaria, e mellorar as condicións laborais. Ademais, busca fomentar a sustentabilidade ambiental, manter os postos de traballo existentes e reforzar a competitividade da Confraría de Lira no sector pesqueiro artesanal
O proxecto da Lonxa de Lira céntrase en aumentar a capacidade de procesado de polbo, mellorar as condicións laborais, garantir a trazabilidade e reducir o impacto ambiental mediante a modernización das instalacións. Ademais, busca manter dous postos de traballo e fortalecer a competitividade da Confraría no sector da pesca artesanal. Esta iniciativa promoverá a sostibilidade e a modernización do sector pesqueiro local, beneficiando aos traballadores e á comunidade pesqueira.
O proxecto da Lonxa de Lira inclúe tres actividades principais:
- Redistribución e ampliación das instalacións para aumentar a capacidade e facilitar o fluxo de traballo, mellorando a seguridade e confort, coa reorganización da planta baixa e mantemento da planta primeira para uso lúdico.
- Execución de obras para mellorar a funcionalidade, como demolicións internas, renovación de pavimentos, instalación dun montacargas e medidas de seguridade, sen afectar a fachada exterior.
- Adquisición de maquinaria e equipos para optimizar a eficiencia e garantir a trazabilidade, incluíndo máquinas de pesaxe, etiquetado, embalaxe e equipos informáticos para xestión dixital.
Os beneficiarios principais son os traballadores da Confraría, mariscadoras e o colectivo de pescadores e mariscadores locais, que verán melloradas as condicións laborais e a calidade do produto.
Obxectivo 1. Sector da Pesca
1.2. Creación de valor engadido a través de novos empredementos na transformación, distribución e comercialización de produtos do mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

