
Recuperación do centro de Outeiriños co fin de dinamizar a localidade e as entidades e veciñanza co obxectivo do desenvolvemento de diferentes iniciativas de sensibilización e divulgación do coidado do noso medio.
Asentar unha rede de traballo colaborativo entre entidades e institucións do territorio aor redor dun proxecto de protección do medio e sensibilización do sector pesqueiro e cidadanía co coidado do entorno. Un espazo dirixido ao desenvolvemento de accións formativas e educativas ao redor da posta en valor do territorio e dos seus recursos naturais e patrimoniais.
A proposta de actividades a desenvolver contempla un taller artístico para o deseño dun mural colectivo así como actividades para o deseño de pezas de artesanía con redes dirixido ás persoas usuarias de entidades de inclusión.
Tamén se pretende chegar á cidadanía con accións de sensibilización e educativas de posta en valor do patrimonio natural á poboación máis nova e tamén ao colectivo de maiores do noso territorio, nun exercicio de achegamento ao mar e a actividade de limpeza de areais.
O proxecto conta coa colaboración, como entidade socia de ADISBISMUR, entidade de inclusión referente no territorio e que vai a ter un papel activo, coa participación das persoas usuarias nas actividades deseñadas.
Ademais, tamén como socia da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo Fisterra Ría Muros-Noia, ponse en valor o traballo das mulleres do mar ao ser o colectivo unha parte activa dentro do proxecto. A participación das mulleres do mar dento das actividades deseñadas permiten reforzar certas competencias e habilidades que reforzan o seu papel como axentes clave no sector da pesca, visibilizándoas e poñendo en valor o seu traballo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Xerar unha rede de espazos de traballo colaborativo ao redor de actividades de coidado do medioambiente no territorio:
- Dinamizar un espazo de intercambio de coñecementos e actividades para o coidado e posta en valor da costa sostible.
- Mellorar o centro para o uso das entidades e cidadanía dirixido ao coidado e concienciación ambiental en Muros a través dun espazo de educación ambiental.
- Deseño de pezas de artesanía aproveitando redes e pezas para darlle un novo uso e converterse nunha iniciativa de economía circular.
- Complementar e traballar colaborativamente coas iniciativas e proxectos similares no territorio da costa sostible e doutras zonas.
- Contribuír aos principios de responsabilidade social, inclusividade e apoio a iniciativa trasformadoras.
- Protexes e coidar o medio e os recursos naturais do territorio.
O proxecto ten como resultado xerar unha rede de espazos referentes de actividades ambientais a nivel territorial nos concellos que forman parte do Galp Costa Sostible, así como entre axentes do sector pesqueiro e outros colectivos sociais, profesionais no desenvolvemento de accións divulgativas e educativas abertas á cidadanía.
ACTIVIDADE 1. OBRAS DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DO INMOBLE
Mellor de instalacións e posta en valor do inmoble.
Actualmente, o edificio atópase sen uso definido, e interiormente atópase completamente abandonado, á mercé das inclemencias do tempo, que se van gañando paso no seu interior a modo de humidades e fungos no paramentos.
Destacar que o edificio se atopa catalogado como parte do patrimonio artístico e cultural do concello de Muros, polo que as actuacións que nel se expoñen, porán en valor o interese arquitectónico da edificación.
O principal motivo para acometer a reforma xorde para dar resposta ás necesidades sociais existentes na comarca, como ADISBISMUR, a Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Ría Muros-Noia e outras asociacións similares sen ánimo de lucro, de dispor dun lugar no que desenvolver os seus talleres e actividades de formación.
A contorna no que se atopa a edificación antóllase óptimo para poder desenvolver actividades no exterior, cando as condicións atmosféricas permítano, xa que, a pesar de atoparse moi próximo ao núcleo da aldea de Serres, atópase suficientemente afastado do mesmo e rodeado por unha contorna natural que lle confire unha privacidade e intimidade apropiada para os usos que nel se proxectan. Prevese, con posterioridade, unha humanizacón da contorna, de forma que exista unha maior permeabilidade entre as actividades desenvolvidas no interior e no exterior.
ACTIVIDADE 2. DOTACIÓN DE MOBILIARIO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO CENTRO
Compra de mobiliario para a realización das actividades.
ACTIVIDADE 3. TALLER DE INTERVENCIÓN E DESEÑO DE MURAL
Actividade artística formativa de carácter participativa coas persoas usuarias de ADISBISMUR par o deseño dun mural que visibilice o espaza do centro acorde cunha temática ambiental.
ACTVIVIDADE 4. TALLER DE FORMACIÓN PARA O DESEÑO DE PEZAS DE ARTESANÍA CON REDES
Programa de actividades que conta coa colaboración da Asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme, profesionais referente a nivel nacional no traballo e aproveitamento das redes para a confección de pezas textís. Este taller, dirixido ás persoas usuarias de ADISIBISMUR e mariscadoras, permitirá adquirir coñecementos para abordar actividades nas súas entidades e mellorar as capacidades e habilidade no traballo e diversificación profesional e laboral.
ACTIVIDADE 5. ACTVIDADES DE DINAMIZACIÓN AMBIENTAL E EDUCATIVA
Actividades de sensibilización nas actividades e campamentos de conciliación e centro de persoas maiores. Programa de actuación ambiental a desenvolver coas crianzas participantes nas actividades de conciliación organizadas polo concello de Muros así como persoas maiores usuarias do Centro de Día. Contempla accións de limpeza de areais, categorización de residuos, visita á Aula do Freixo xutnos coa Asociacióno de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo Fisterra Ría Muros-Noia.
Actividades de concienciación e conmemoración dunha data sinalada coa protección do medioambiente. Celebración do día mundial dos océanos e do día mundial do medioambiente. Actividade de concienciación e visibilización cara á cidadanía. Desenvolveranse no propio centro do Outeiriños.
ACTIVIDADE 6. PLAN DE COMUNICACIÓN
Deseño de identidade gráfica e corporativa.
Plan de comunicación e redes sociais. Seguimento de actividades e deseño de contidos para a súa divulgación.
Obxectivo estratéxico 3. Medioambiente
Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
3.2. Ordenación e posta en valor de praias e espazos naturais costeiros.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

