
Creación dun campamento turístico de categoría dúas en Louredo, concello de Carnota, que constará dun centro de interpretación ornitolóxico e sete cabanas en forma de niño dotadas de miradoiro na parte superior que permitará o avistamento da marisma de Caldebarcos. Realizaranse actividades complementarias de avistamento de aves, o proxeto está dirixido a este sector.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Xerar un coñecemento do hábitat e o medio natural da Costa da Morte.
Xerar unha actividade turística e de lercer que contribúe a poñer en valor os recursos turísticos da zona.
Conservar, promocionar e difundir o patrimonio natural, concretamente o patrimonio ornitolóxico da Costa da Morte.
Unha actividade indirectamente consumidora dos recursos do mar que incetive o incremento do valor engadido e a innovación na transformación, distribución e comercialización da pesca da zona.
Unha actividade turística complementaria ás actividades de aloxamento e restauración.
O obxectivo potencia o desenvolvemento económico mediante a diversificación, o emprendemento, a mellora de oortunidades de traballo e o emprego alternativo ao traballo do mar, potenciando o sector turístico, e o sector servivios complementarios ao sector turismo e a diversificación en xeral da actividade produtiva do territorio, tomando a condición mariñeira do mesmo como elemento diferenciador.
Xeración de actividade económica-turística.
Xeración de actividade económica-pesqueira.
Diversificación de actividades.
Promoción e posta en valor dos produtos da comarca.
Divulgación do patrimonio natural.
Promoción das actividades turísticas da zona.
Divulgación do hábitat e o ecosistema da zona.
Divulgación e posta en valor do patrimonio e da riqueza avifáunica de Carnota e de toda a Costa da Morte.
Creación de actividades complementarias ligadas ao turismo.
1.- Centro de información e interpretación, que grazas ao seu diseño permitiranos ser un espazo multiusos e multidisciplinar adicado a actividades de reunión, divulgación, formativas etc.
2.- Organización de rutas e excursións para o avistamento de aves, dirixida non só ao público aloxado, senón tamén ao público en xeral. A oferta de excursións non só se centrará no aspecto ornitolóxico, senón que terán un contido turístico, de interese cultural, histórico, tradicional, etc.
3.-Os nidos, coma un concepto de aloxamento singular, mimetizado coa actividade que se desenvolve e a actividade turística a que se orienta o proxecto.
4.- Un bar para dar servizo aos clientes aloxados e que contén un espazo de lecer e de encontro onde tamén cubrir as necesidades de alimento e bebida.
5.- Un espazo de tenda relacionado principalmente co noso posicionamento estratéxico orientado as aves é a natureza, onde tamén haberá produtos artesanais da zona.
A localización de todas estas actividades será nas edificacións do campamento, tanto no edificio principal como nas cabanas nido.
Obxectivo estratéxico 2: Diversificación Económica
2.4.1 Apoio ao investimento turístico xerador de emprego.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)