
Presentáronse máis de 50 solicitudes para cubrir as 20 prazas existentes, o que certifica o interese espertado por esta iniciativa.
Trátase dunha curso de 300 horas a través do cal as persoas beneficiarias poderán optar a un certificado de profesionalidade que lles facilitará a incorporación ao mundo laboral, xa que este título oficial capacítaas para o exercicio desta profesión en todo o ámbito nacional.
As materias a estudo nas próximas xornadas serán as seguintes:
1. Clasificación e confección de artes e aparellos de pesca.
2. Interpretación de Planos de artes e aparellos de pesca.
3. Utilización de materiais para a confección de artes e aparellos de pesca.
4. Elaboración de panos en las artes de pesca.
5. Cortes de panos nas artes de pesca.
6. Elaboración dos distintos elementos que conforman o palangre.
7. Armado e montaxe de artes de pesca.
8. Armado de Aparellos de pesca.
9. Prevención de riscos relacionados co armado e montaxe de artes e aparellos.