
CONTOS DO MAR é un proxecto de desenvolvemento local que combina varios enfoques: o cultural, o social e o turístico, e que ten como finalidade principal a mellora da calidade de vida da poboación costeira local e a recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico, cultural, material e inmaterial e natural costeiro.
O desenvolvemento do proxecto terá lugar no territorio pertencente ao GALP SEO de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e a localización concreta para a súa realización terá lugar no concello de Corcubión, dando así continuidade ao proxecto que se realizou con anterioridade nos concellos de Carnota, Dumbría e Fisterra.
CONTOS DO MAR consta de dous eixes de actuación principais:
1. Identificación e recollida de HISTORIAS DE VIDA REAIS das mulleres do mar (redeiras, mariscadoras, traballadoras do sector pesqueiro,..) ou que viven a pé do mar, a través das cales difundir e compartir o coñecemento, vivencias, a labor e a experiencia en relación coas actividades, costumes e tradicións vencelladas co mar.
O proxecto contempla un proceso de formación en alfabetización dixital e audiovisual e a preservación da memoria e os saberes das mulleres do mar, materializadas na elaboración de vídeos (elaborados polas propias participantes na formación) nos que se recolla esa memoria en forma de micro relatos guionizados.
Durante o proceso tamén se traballará a visibilización e o empoderamento feminino, co fin de dar o merecido recoñecemento a unha labor descoñecida ou oculta, a pesar do importante rol das mulleres na economía doméstica, a conservación do coñecemento, a paisaxe, as tradicións ou o mantemento da cultura local.
Dende esta perspectiva social abórdase a innovación na forma de traballar sobre a memoria, o envellecemento activo, o intercambio xeracional e a creación de redes internas e externas (entre as mulleres dos distintos concellos que participaron nas experiencis previas de Contos do mar en Carnota, Dumbría e Fisterra).
2. Deseño e execución de AUDIOGUÍAS FICCIONADAS: esta parte do proxecto ten unha maior perspectiva turística xa que consiste no deseño, configuración e elaboración de audioguías turísticas con historias ficcionadas - dramatizadas deseñadas a partir da información recadada a través das mulleres participantes no desenvolvemento das historias de vida reais ou de outros axentes clave identificados no territorio.
Entre as múltiples vantaxes que ofrecen neste caso as audioguías turísticas con historias ficcionadas destacan:
1. Que o seu uso non está suxeito nin a horarios nin a grupos mínimos para a realización do roteiro dramatizado, o que permite á persoa que desexe facer o roteiro dramatizado facelo ao seu ritmo, no momento no que o desexe e co grupo que lle interese ou de xeito independente.
2. A versatilidade para a súa elaboración en distintos idiomas.
3. A innovación, orixinalidade, creatividade e adaptación dos relatos ao territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é o seguinte:
A recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo inmaterial, etnográfico e cultural dos recursos endóxenos do territorio, así como a difusión da cultura mariñeira e a dinamización social da poboación de Corcubión, especialmente das persoas maiores.
Os obxectivos específicos do proxecto son os seguintes:
1. Recuperar o patrimonio inmaterial vinculado ao mar a través da memoria e o recoñecemento do papel das mulleres na historia de Corcubión.
2. Visibilizar todo ese patrimonio inmaterial con vídeos que se difundirán a través de Internet e cunha audioguía que pasará a formar parte da oferta de recursos turísticos do concello de Corcubión.
Os resultados esperados do proxecto son:
- Promoción, cohesión e participación social
- Fomento da igualdade de oportunidades e empoderamento feminino das mulleres do mar.
- Fomento da sociedade da información e das novas tecnoloxías resultantes do proxecto.
- Coñecemento por parte da poboación local e da poboación foránea do patrimonio material e
inmaterial marítimo do territorio.
- Fomento da cooperación e da participación tanto entre entidades como entre a poboación local.
- Fortalecemento da estratexia de promoción turística do territorio.
- Incremento da demanda turística
- Mellora da información turística a través da modernización das ferramentas e recursos turísticos empregados.
- Mellora da divulgación e coñecemento do patrimonio cultural inmaterial pesqueiro do Concello de Corcubion.
ACTIVIDADE 1. HISTORIAS DE VIDA REAIS (Alfabetización dixital, envellecemento activo e memoria).
Tarefa 1: Promoción e publicidade para a identificación de persoas coas que traballar.
1.1 Realización de entrevistas persoais cos distintos axentes clave do territorio ou entidades de interese para a identificación das persoas susceptibles de participar no proxecto.
1.2 Selección de participantes: establécese a identificación dun grupo de entre 5 e 8 mulleres por concello que tivesen ao longo da súa vida relación co mundo do mar ou a teñan na actualidade.
Tarefa 2. Realización das sesións de traballo para identificación de historias relacionadas coa memoria de Corcubión asociada ao mar.
2.1 Programación do calendario das sesións de traballo individuais.
2.2 Elaboración do guión de entrevista personalizada para a identificación do contido das historias que formarán parte do proxecto.
2.3 Realización das sesións de traballo: En función das necesidades e do perfil das persoas participantes no programa, contémplase a realización de entre 5 e 8 sesións.
Tarefa 3. Sesións de traballo de alfabetización dixital e audiovisual para a gravación das historias de vida.
Unha vez identificado e seleccionado o contido que se traballará de xeito individual con cada unha das mulleres participantes, darase comezo ás sesións de traballo de alfabetización dixital co fin de gravar as historias e subilas a internet; a alfabetización dixital consiste en aprender a manexar os recursos tecnolóxicos de forma útil, práctica e próxima.
ACTIVIDADE 2. AUDIOGUÍAS FICCIONADAS.
Dentro desta actividade, levaranse a cabo as seguintes tarefas:
Tarefa 1. Elaboración da audioguía.
1.1 Identificación das persoas, historias e lugares. Nesta caso, é preciso aclarar que nesta fase, aproveitarase parte do traballo de recompilación de información realizado coas mulleres nas historias de vida reais, das que probablemente poida empregarse parte da información xerada como base para a elaboración da audioguía. Mais, en caso de non ser suficiente a información recollida a través das mulleres, ou que esta non se axuste para a elaboración dun roteiro e do guión das audioguías, realizarase o traballo de campo necesario para a identificación de persoas, historias e lugares. Este proceso, será realizado a través de entrevistas presenciais con distintos axentes clave do territorio para a elaboración do guión.
1.2 Visitas para a recollida de documentación e visitas para localización dos puntos de interese. Unha vez identificadas as persoas clave, realizaranse as visitas a Corcubión, tanto para a recollida de documentación que sirva de base para a elaboración do guión de cada audioguía, como para a localización dos puntos de interese e posterior deseño dos itinerarios.
1.3 Guionización, Gravación e edición dos audios da audioguía que se gravará en tarxetas SD.
1.4 Deseño e elaboración de mapas e adquisición de auriculares con posibilidade de introducir as tarxetas SD coa audioguía gravada.
Obxectivo Estratéxico 4. Cultura & Benestar
4.2.2. Rehabilitación e posta en valor do patrimonio cultural e mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

