
Proxecto de cooperación para a elaboración dun plan estatéxico que permita a xestión da oferta variada de embarcacións tradicionais establecendo un modelo de explotación das mesmas orientado ao mercado turístico, así como un modelo de organización e xestión que permita albergar as mesmas en mariñas tradicionais e de lugar ao nacemento dunha rede de mariñas e navegación tradicional. A realizacion deste plan estratéxico permitirá a materialización do mesmo polas distintas asociacións vencelladas ao patrimonio martítimo e fluvial.
Os Galp promotores deste proxecto son: Galp Costa Sostible, Galp Ría de Arousa, Galp Ría de Pontevedra e Galp Golfo Ártabro-Sur.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Principais obxetivos do proxecto:
- Poñer en valor e usar turísticament a importante rede de patrimonio marítimo vencellado á navegación tradicional co obxectivo de salvagardar a cultura marítima tradicional.
- Deseño dun produto turístico vinculado á navegación tradicional.
- Dotar dunha ferramenta de traballo das entidades asociativas dos territorios vinculados á navegación tradicional.
- Dotar dunha xestión e imaxe homoxénea cara o exterior do sector da navegación tradicional galega.
O produto resultante será un estudo ou plano estratéxico que abrangará os seguintes campos:
1. Diagnóstico de caracterización do potencial das mariñas tradicionais.
2. Modelo de xestión das mariñas tradicionais.
3. Modelo de xestión da rede de mariñas tradicionais.
4. As embarcacións tradicionais como atractivo turísticos.
5. Modelo de xestión real de navegación en embarcacións tradicionais
6. Modelo de xestión de rede de navegación en embarcacións tradicionais.
7. Dossier executivo e fichas prácticas dos modelos de xestión a aplicar tanto no campo das mariñas como no das embarcacións tradicionais.
Actividade 1: Deseño da rede de mariñas tradicionais: trátase de crear unha rede de mariñas tradicionais nos territorios dos Galp
1A Análise e diagnóstico
1B Modelo de xestión de mariñas tradicionais
1B1 Modelo de xestión da rede de mariñas tradicionais e plan de acción Galp Costa Sostible
1C Dossier executivo e fichas prácticas modelo de xestión
Actividade 2: Rede de navegación tradicional: trátase de crear unha rede de navegación tradicional nos territorios dos Galp
2A Análise e diagnóstico das embarcacións tradicionais
2B Modelo de xestión de embarcacións tradicionais
2B1 Plan de acción rede de de navegación tradicional Galp Costa Sostible
2C Dossier executivo e fichas prácticas de modelo de xestión embarcacións tradicionais e rede de embarcacións
Actividade de xestión e coordinación:
Constitución dun comité de seguimento con reunións periódicas para a avaliación e seguimento de cada actividade
Actividade de comunicación: dar a coñecer os resultados dos proxectos
3A Presentación pública de resultados do plan de xestión de marinas tradicionais e rede en cada territorio
3B Presentación pública de resultados do plan de xestión de embarcacións e da rede en cada terrirorio
3C Presentación final dos resultados do proxecto
Obxectivo estratéxico 3: Patrimonio natural e cultural
3.3.1 Apoio á recuperación da cultura marítima tradicional
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)