Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Entre agua e sal: Centro de interpretación da sal

O proxecto presentado consiste na creación dun espazo onde o usuario poida experimentar diferentes actividades coma o aloxamento, a gastronomía, o lecer, e todo ilo co fío conductor da cultura do sal e das antigas salazóns de Muros. Destacando o novidoso enfoque do proxecto, ao integrar en torno á cultura do sal catro liñas de actividade distintas pero complementadas entre si. Por un lado temos un centro de interpretación (interior e exterior), un hotel de tres estrelas, un espazo terapéutico wellness e unha tenda. Esta proposta vai permitir poder ofertar produtos e servizos a mercados diferentes: visitantes, turistas, clientes locais e tamen colectivos (colexios, asociacións, etc).

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Castiñeiras Rodríguez, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro do 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participatio (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
30/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Muros

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
708.171,85 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
630.477,13 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00 €
% Subvención: 
31,7
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
170.000,00 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
30.000,00 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3,75
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Recuperar o patrimonio material asociado á sal, a través da unidade de negocio centro de interpretación. Haberá unha piscina onde se xerará a nosa propia salmoeira e, dese xeito explicar o proceso de xeración da sal mariña, o noso propio MAR DE SAL. Pero tamén grazas a pías orixinarias tiñamos de antigas salazóns, se recreará o proceso de conservación de alimentos.

2. Poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á sal e ás antigas salazóns, tamén a través do centro de interpretación ENTREAUGAESAL.

3. Crear unha oferta complementaria aloxativa que permita xerar unha experiencia global, altamente singular e atractiva relacionada coa cultura mariñeira muradana asociada á sal e as antigas salazóns.

4. Crecemento económico e do emprego na zona a través da mellora da competitividade.

5. Crear un modelo de negocio diferenciado  na zona, especialmente proclive ao establecemento de sinerxias e á creación de paquetes turísticos con outros negocios (especialmente aloxamento, restauración e actividades de turismo cultural e mariñeiro).

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Permite crear emprego asociado ao negocio,incluindo a contratación de mulleres.

Permite recuperar e preservar no tempo a cultura tradicional das salazóns, tan importantes no seu día para o desenvolvemento económico de Muros e o territorio, e tan ligadas ao seu ADN.

Permite entablar sinerxias coa marca Muros, Vila de Auga e Sal, que xerarían beneficio mutuo a nivel de visibilidade e promoción turística.

Permite crear experiencias integrables en proxectos abandeirados por entidades públicas (A Ruta dos Faros, Muros Turismo) e outros proxectos privados.

Principais actividades do proxecto: 

Entre Auga e Sal é un espazo multiexperiencial que se articula a partires dun edificio centras, diversas unidades divulgativas e tramén unidades aloxativas, un gran espazo exterior, onde se contará cunha piscina onde se xerará salmoira, e pías orixinarias de antigas salazóns, elementos de alto valor etnográfico, disporase tamén dunha antiga despensa onde se conservaban os alimentos en sal, que forma parte actualmente da edificación existente.

A idea de negocio é querer xerar unha experiencia inmersiva coa cultura da sal e das antigas salazóns de Muros, como fío conductor, que sirva de reclamo non só ao visitante, senón tamén ao público local e das proximidades, creando algo totalmente innovador a nivel Galicia, e que se posicione como punto de referencia na Ría de Muros-Noia.

Esta asociación coa sal permitirá a creación de moitas sinerxias (con iniciativas públicas e privadas xa existentes) e axudará decisivamente na estratexia de posicionamento e visibilidade, pola versatilidade deste concepto a efectos márketing.

-Turismo mariñeiro, pola evidente relación co mar e coa vila mariñeira de Muros.

-Turismo cultural, polo potencial que teremos a nivel etnográfico ao contar cos pías de antigas salazóns, e ao recrear procesos de produción da sal e de conservación de alimentos mediante a salazón.

-Salud e wellness, polos tratamentos que se fagan coa sal como elemento diferenciador no espazo wellness. Se producirán tamén sales de baño a partires da propia salmoeira.

-Grupos, polo potencial a efectos divulgativos, pequenos grupos turísticos, grupos escolares, de persoas con diversidade funcional...

A actividade ENTREAUGAESAL consistirá en catro unidades de negocio:

1. Centro de interpretación: espazo expositivo múltiple, no que se explicará todo o proceso de produción e comercialización da sal, os seus diferentes usos e a actividade económica ligada á salazón do peixe.

2. Hotel de tres estrelas: levarase a cabo unha serie de unidades aloxativas con vistas ao mar, onde a sal é a protagonista e o eixo central da temática de cada unidade.

3. Espazo wellness. Que constará de jacuzzi, zona de masaxes, aromaterapia e cromoterapia

4. Tenda: Venda de produtos propios (sal, alimentación, sales de baño, cosméticos derivados da sal, etc)  e produtos de artesanía e gastronomía ligados ao mundo da sal.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3. Patrimonio natural e cultural

Obxectivo específico da EDLP: 

3.2. Recuperacióon do patrimonio cultural costeiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)