Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Escola Muradana de Remo de Mar

O Club Deportivo, fundado en 1984 ten como obxectivo principal fomentar e impulsar a práctica do remo. Desde a súa creación, o club participa activamente en regatas de todas as categorías de banco fixo, incluíndo bateis, traineras e trainerillas. Co presente proxecto, o club amplía a súa actividade á práctica do remo de mar mediante banco móbil, permitindo así diversificar a súa oferta deportiva e homoxeneizarse cos demais clubs de remo de Galicia.

Ademais, o proxecto busca facilitar unha plataforma de información para os socios do club e a cidadanía en xeral a través dunha páxina web, reducindo así a dependencia de materiais impresos.

Datos xerais
Acrónimo: 
ESCOLA DE REMO DE MUROS
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CLUB DE REMO DE MUROS
Datos de interese: 
cluberemomuros@gmail.com https://www.facebook.com/crmuros/?locale=en_GB
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

MUROS

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
15.997,56
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
15.997,56
Total axuda pública aprobada (€): 
11.198,29
% Subvención: 
70%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
7.838,80 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
3.359,49 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
0
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
NON
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é completar a oferta de actividades deportivas do Club mediante a implementación da modalidade de remo de mar. Entre os obxectivos específicos destacan:

  • Fomentar a práctica do remo de mar entre os mozos da localidade, prestando especial atención a aqueles con dificultades de inclusión.
  • Homoxeneizar a oferta de modalidades deportivas do Club co resto dos Clubs de Remo da Comunidade.
  • Facilitar a conciliación da vida familiar, ofrecendo unha modalidade deportiva ata agora inexistente no concello de Muros, evitando que os rapaces teñan que desprazarse a outras localidades.
  • Consolidar un equipo feminino de competición nesta modalidade.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Homoxeneizar a oferta deportiva co resto de Clubs da Comunidade Autónoma mediante a práctica do remo de mar.

  • Consolidar un equipo feminino de competición nesta modalidade.

  • Fomentar a integración social a través da práctica deportiva.

  • Promover valores de igualdade de xénero e coidado do medio ambiente entre os rapaces do Club.

Principais actividades do proxecto: 

-Adquisición de dúas modalidades de embarcación, unha individual e outra de parella.

-Adquisición do equipamento necesario para a práctica das mesmas.

-Creación dunha plataforma web como vía de comunicación para os socios do Club e información á comunidade.

-Fomentar a concienciación ambiental entre os rapaces do Club, a través da imposición dun decálogo de normas, entre as que estarán recollidas a prohibición do uso de botellas de plástico para a práctica da actividade, e a obriga de recoller na medida de posible os refugallos do mar durante a practica da actividade.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

 Obxectivo Estratéxico 4. Cultura & Benestar

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1. Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)