
O Centro Ocupacional xestionado por A Creba é un servizo diúrno de media estadía para persoas con trastorno mental que precisan coidados persoais, sociais e ocupacionais, centrado na integración laboral e na promoción da autonomía. Actualmente está situado no Polígono Industrial Augaledada, o que limita a súa inserción no tecido comunitario. O novo centro estará no centro do pobo, mellorando a accesibilidade e permitindo que usuarias, familiares e persoas achegadas poidan acudir de forma máis independente, tanto a pé como en transporte público.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Facilitar a adquisición e mellora de habilidades adaptativas, formación prelaboral, alfabetización en TICs, formación para o emprego, orientación e intermediación laboral, incluíndo emprego con apoio.
· Elaborar produtos de Refugallo de Mar e artigos de deseño téxtil.
· Sensibilizar ás persoas usuarias sobre a importancia do coidado do medio ambiente, especialmente do mar.
· Desenvolver actividades de apoio social, animación sociocultural e fortalecemento das relacións interpersoais.
· Promover a autonomía das persoas usuarias nas actividades básicas e instrumentais da vida diaria, o adestramento en habilidades sociais e a psicoeducación.
· Fomentar o uso dos recursos comunitarios, favorecendo a normalización, a participación na vida social, o desenvolvemento da autonomía persoal e a mellora da autoestima.
· Proporcionar asesoramento e apoio ás familias e coidadoras.
· Fomentar o coñecemento e a sensibilización da poboación xeral sobre a saúde mental
Mellora da capacitación laboral: maior concentración, cumprimento de horarios, finalización de tarefas, resolución de dificultades e coordinación cos compañeiros.
· Incremento da capacidade operativa na elaboración de produtos de Refugallo de Mar.
· Incremento da capacidade operativa na elaboración de produtos de deseño téxtil.
· Ampliación das actividades de ocio e tempo libre no contexto comunitario de cada persoa usuaria.
· Maior concienciación sobre a importancia do coidado do medio ambiente, especialmente do mar.
· Mellora da apariencia persoal e do estado de saúde.
· Conservación e fortalecemento das habilidades cognitivas.
· Mantemento e adestramento das habilidades sociais.
· Alfabetización dixital (TICs).
· Ampliación da rede de apoio non profesional.
· Mellora da autoestima e coidado individual de cada persoa usuaria.
· Redución do estrés das persoas coidadoras ao contar con apoio e cun espazo de atención para os seus familiares e para elas mesmas.
As actividades do centro desenvolvéronse en horario de luns a venres, de 10:00 a 15:00. Entre as principais accións realizadas destacan:
- Obradoiro Ocupacional de Refugallo do Mar.
- Obradoiro Ocupacional de Deseño Téxtil.
- Integración comunitaria: participación en actividades de limpeza de praias, xestión de reciclaxe de residuos e asistencia a eventos sociais e culturais da comunidade.
- Grupos de aprendizaxe: formación en autocoidado, psicoeducación, habilidades sociais, rehabilitación cognitiva, autoestima e competencias en TICs.
- Actividade motórica dirixida para o desenvolvemento físico e motor.
- Seguimento individualizado das persoas usuarias, incluíndo a elaboración, seguimento e avaliación do PIA (Plan Individual de Atención).
- Atención individualizada a familias e persoas achegadas.
- Apoio á conciliación para traballadores/as do mar con familiares que presenten problemas de saúde mental.
Obxectivo Estratéxico 4. Cultura & Benestar
4.1. Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

