
Mellorar a proxección do espectáculo de luz coa instalación de proxectores con mellores prestacións e adaptados ás nocas tecnoloxías compatibles coa " Ordenaciñon e posta en valor de praias e espazos naturais costeiros": dous proxectores COLORADO Q40 para iluminar a roca denominada “Roca en forma de queixo” situada en fronte do embarcadoiro, e se substituirá a cabeza móbil por un láser exterior de alta potencia para xerar imaxes 3D en movementos de grandes dimensións e proxectores Citycolor.
LED RGB 551 IP para iluminar o final da pasarela de madeira que da acceso á fervenza xerando un impacto co xogo da luz e da sombra.
Todos os proxectores utilizados deberán ser exteriores con protección IP65, con tecnoloxía LED e de baixo consumo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O presente proxecto ten por obxecto divulgar o coñecemento da Fervenza do Ézaro e do Monte Pindo xunto coas súas lendas, mediante un espectáculo de luces e son, ofrecendo ao visitante novas sensacións e emocións que lle permita descubrir e concienciar da importancia de respectar un espazo natural único e fermoso.
En xeral trátase unha actuación que pretende recuperar e darlle valor ao ámbito proposto cunha iniciativa innovadora no concello de embelecemento e recuperación medioambiental que non produza contaminación lumínica en exceso, xa que se trata dun entorno natural de gran beleza a afluencia e que mellore a imaxe dun espazo que supón un gran punto de atracción turística no propio concello e nos arredores.
O resultado principal esperado é impedir a degradación progresiva da calidade e da biodiversidade ambiental do entorno da Fervenza do Xallas que impide a utilización didáctica e recreativa do medio natural e convertilo nun motor de cara ao desenvolvemento sostido da zona.
Aparte tamén se espera a creación dun produtos turístico que favoreza o desenvolvemento do sector.
Outro dos resultados esperado é o do reforzo da imaxe e marca “Costa da Morte” como un dos elementos simbólicos da zona.
Para finalizar, tamén se busca humanizar a zona dotándoa con servizos de acordo ás calidades esixidas, mellorando e divulgando as prácticas medioambientais e que contribúan a xeración de emprego.
O principal indicador vai ser o volume de turistas e viandantes que pasarán a disfrutar da zona. Hai que ter en conta que na actualidade supéranse ás 100.000 visitas anuais, e o obxectivo, coas melloras é superar ás 200.000 visitas.
O proxecto consiste na instalación dun novo sistema de iluminación nocturna na fervenza do Ézaro con tecnoloxía de última xeneración adaptada ao entorno cun sistema de luces e láser que proxectará un espectáculo sngular de luz e son con hologramas móviles con referencia ós simbolismos do Xacobeo, do Medio Ambiente e do patrimonio cultural material e inmaterial.
Vai destinado tanto á poboaciñon local coma os milleiros de turistas e visitantes que se acerquen a ver este espectáculo. O recindo está adaptado para persoas con mobilidade reduducida e toda persoa poderá disfrutrar do mesmo dende as bancadas ou dente o entorno.
Obxectivo estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación.
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícola.
2.3 Mellora da oferta de servizos turísticos.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

