Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Liresca

Rehabilitación dunha antiga vivenda tradicional ao pé do Camino de Santiago, para convertela nunha pensión de tres estrelas con sete habitacións e un centro de dinamización social onde os hóspedes poidan gozar de distintas exposicións e actividades que poidan ofertar as empresas das localidade ou limítrofes como safaris fotográficos ou clases de inglés en forma de visita guiada pola Costa da Morte, así como degustacións de produtos.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
María Victoria Areas Domínguez
Datos de interese: 
victoriaareas@hotmail.com
Perfil empresarial: 
Persoa física
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
10/04/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2017-2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Cee

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
347.355,71 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
322.633,60 €
Total axuda pública aprobada (€): 
135.506,12 €
% Subvención: 
42,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
101.629,59 €
FEMP (%): 
25
CA (€): 
33.876,53 €
CA (%): 
25
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Preséntase un proxecto empresarial privado de nova creación  chamado Liresca, Lires No Camiño, que dará orixe á iniciación dunha actividade produtiva con xeración de postos de traballo no lugar de Lires, concello de Cee, localizado na Costa da Morte.

Os obxectivos principais do proxecto son a rendibilidade económico-financeiro, xunto coa xeración e postos de traballos.

Son tamén obxectivos:

- A promoción e diversificación económica, fundamentalmente de actividades relacionadas coa pesca e o mar.

- A aposta en todo momento polas empresas e asociacións da Cosa da Morte mediante a promoción da cultura, da arte, do patrimonio natural, da pesca, da gastronomía e do ocio.

- A sostibilidade e responsabilidade ambiental, e a inclusión social dos colectivos desfavorecidos como valores permanentes.

- Acadar un servizo con garantía de calidade, seguridade e profesionalidade, todo elo con fin de asegurar aos visitantes a mellor experiencia turística posible.

- Dotar á Costa da Morte dunha infraestructura turística que servirá de referente dentro dos puntos a visitar.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A rendibilidade económico-financeiro e xeración de postos de traballo son totalmente alcanzables, dada a elevada demanda e baixa ou nula oferta do produto que se ofrece e do tipo de negocio do que se trata e tal como reflicte a conta de resultados neste plan de empresa.

A través dunha oferta de turismo na Costa da Morte diferente e innovadora, Liresca apórtalle un importante valor engadido á comarca. Polo tanto, indirectamente, contribuirá de maneira moi positiva á xeración de emprego na zona especialmente vinculado ao sector da pesca e do mar.

A dinamización dos recursos e tradicións de xeito creativo e diferente contribuirá á melloar do tecido empresarial da Costa da Morte creando sinerxias entre as distintas empresas e asoacións para facer mais potente o producto xeodestino.

Liresca apostará en firme polo turismo sostible e o turismo inclusivo.Tendo como horizonte situar a comarca da Costa da Morte no mapa mundial do ecoturismo e do turismo experimental e de ocio.

A excelencia no servizo prestado e o afán de mellora continua farán deste negocio un dos referentes no mercado do turismo galego. Polo que, a materialización deste proxecto proporcionará á Costa da Morte unha mellora cualitativa nos servizos turísticos, e un crecemento económico e do emprego a través da mellora da competitividade do destino.

Principais actividades do proxecto: 

Liresca vai a ser unha simbiose dunha área de Dinamizacion cunha Pensión de 3 estrelas:

1-. A área de dinamización, localizada na planta baixa (100 m2), é o corazón do proxecto e baséase na estreita colaboración con outras empresas e asociacións. Levaranse a cabo a venda e promoción de produtos das entidades colaboradoras, exposicións, talleres, actividades formativas e solidarias, organización de saídas, cursos de inmersión lingüística... etc. De maneira totalmente integrada nesta área darase un servizo de degustación que terá como protagonista principal a gastronomía mariñeira. Entre outras, poderanse realizar demostracións  e degustacións de produtos tanto propios coma achegados por outras entidades (peixarías, lonxas....)

2.- Pensión de tres estrelas, localizada na primeira planta e no baixo cuberta, darase un servizo de hospedaxe e contará cunha exposición permanente sobre as artes de pesca zonais.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2: Diversificación Económica

Obxectivo específico da EDLP: 

2.4.1.1 Apoio á creación de nova infraestructura aloxativa

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)