O proxecto consiste nun investimento nas instalacións da Confraría de Lira, orientado cara a mellorar a súa capacidade produtiva, a súa eficiencia en custes e de consumo de enerxía no procesado do Polbo de Lonxa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Ampliación da capacidade produtiva das actuais instalacións para o procesado do produto: cámara de frío, túnel de ultraconxelado e cámara de conxelación.
-Mellora das condicións sanitarias mediante a adecuación das instalacións.
-Aforro enerxético, mellora da eficiencia produtiva do polbo artesanal mediante a mellora do aillamento térmico das cámaras de conxelado e de frío e o mellor consumo dos equipos.
-Aumentar a capacidade produtiva de procesado do polbo (limpiado, eviscerado e ultraconxelado) pasando de 2.000 kg ao día a 10.000 kg.
-Mellorar a eficiencia produtiva mediante a reducción relativa de custes de produción pola maior eficiencia das novas instalacións respecto ao aforro enerxético: maquinaria con menor consumo, maior aillamento térmico das cámaras.
-Os resultados anteriores redundarán no incremento dos beneficios da actividade de procesado de polbo de lonxa.
-Actividade 1: obra civil e cambio de ubicación das escaleiras (con ampliación da pasarela metálica para acceso á sala de máquinas) para acondicionamento das zonas de traballo e adecuación da planta de procesado aos requisitos hixiénicos-sanitarios.
-Actividade 2: acondicionamento para o aforro de enerxía da cámara de almacenamento de produtos conxelados, a cámara de almacenamento refrixerada e dous túneis de conxelación.
-Actividade 3: se ampliarán e colocarán dous túneis de conxelación (equipos frigoríficos).
-Actividade 4: Posta en marcha de cámara frigorífica e cámara de conxelación.
-Actividade 5: colocación de cadro eléctrico e elementos comúns (alarmas e autómatas).
-Actividade 6: Adquisición de máquinas de procesado e mobiliario.
-Actividade 7: Adquisición de caixas con rexilla para conxelación, e compra de bases con rodas para o transporte de ditas caixas.
-Actividade 8: Sistema de captación de auga salgada para as instalacións.
-Actividade 9: Sistema de pesaxe, etiquetado e trazabilidade.
Obxectivo Estrátexico 1. Sector pesqueiro.
1.1. Promover un sector pesqueiro ambientalemte sostible, eficiente en recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)