Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Reacondicionamento e modernización de edificación auxiliar de acuicultura con venda ao por menor degustación de produtos do mar

Reacondicionamento dunha vella depuradora en deshuso, catalagoda como ben cultural, natural e paixasístico polo concello de Muros, e localizada no porto de Esteiro. Na labor de reabilitación manterase a súa esencia como depuradora, cetaria, cámara frigorífica, envasado ó baleiro e un pequeno cocedoiro, destacando no investimento a incorporación dos novos avances tecnolóxicos no sector, como sería a depuración pro circuito pechado, ampliación na comercialización de novos produtos e a introdución do selo CREAGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). Por outra banda disporase dunha zona de venda ao por menor e outra de degustación para dar a coñecer a marca e os produtos ofertados. A súa locacalización estratéxica permitirá ó memos tempo, por en valor os produtos pesqueiros do territorio.

Datos xerais
Acrónimo: 
Acuicultura del Atlántico
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Acuicultura del Atlántico,S.A.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade Xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratecias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
05/07/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
17
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

Concello de Muros

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
735.070,75 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
718.855,36 €
Total axuda pública aprobada (€): 
342.175,15 €
% Subvención: 
47,6
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
290.848,88
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
51.326,27 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
4
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Comercialización e valorización mediante a depuración e transformación dos produtos locais procedentes da acuicultura e marisqueo tradicional das Rías de Muros e de Noia, convertenco en produtos de alta calidade e con todas as garantías sanitarias.

2.Fomentar o crecemento económico da zona a través dunha acuicultura sostible, eficiente en el uso de recursos, innovadora e competitiva.

3. Rehabilitación de construcción e redución do impacto negativo sobre o medio ambiente e da paisaxe.

4. Melloras no medio ambiente: substitución do sistema de deputación aberto existente na edificación, por un sistema de circuito pechado o que súpón un maior aforro enerxético e de recursos. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Con este proxecto o que se pretende é un novo uso a unha antiga depuradora con circuito aberto en estado de abandono.

Esta vella depuradora que se pretende reacondicionar é unha edificación ailllada de tipo industrial e clasificado dentro do catálogo de bens culturais e paisaxísticos do concello de Muros. Esta edificación, tras o acondiconamento da mesma, disporá de todos os medios para o desenvolvemento da actividade. Co acondionamento interior realizarase ademais para o mantemento/conservación exterior (que son as únicas obras permitidas na envolvente do edificio).

Tras as obras proxectadas de acondionamento interior e instalación de maquinaria adecuarase para desenvolver as seguintes actividades: depuradora de moluscos en circuito pechado, cetaria de de crustáceos, cocedoiro, zona de vendas ao por menor, sala de degustación e atmósfera modificada.

O obxectivo é abrir novos mercados traballando novos produtos (crustáceos, nécora, centola,...) e dando un valor engadido aos produtos que xa cultiva e comercializa (mexillón e ostra).

Búscase a expansión da empresa cara a comercialización de produtos cun valor engadido maior (mexillón depurado cunha parte ecolóxica). A empresa pretende homologarse como CRAEGA (CONSEllO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA).

Consolidarase a empresa (podendo atender a clientes con novas esixencias nas que hai un maior marxe de beneficio) e os postos de traballo, aumentando o  número dos mesmos.

Pode buscar clientes no exterior permitindo incluso a internacionalización da empresa ao dispor dun produto diferenciado e depurado.

Por outro lado o feito de ter venda directa con degustación  mellorará a imaxe tanto do produto como da zona na que se ubica.

 

 

Principais actividades do proxecto: 

Antecedentes: Acuicultura del Atlántico, SA dedícase ao cultivo e venda de marisco fresco, sen depurar dende hai anos. Actualmente, e cada vez  máis, atópase con clientes que lle demandan marisco depurado e nalgúns caso que sexa ecolóxico.

O proxecto: trátase de reacondicionar unha vella depuradora en desuso, catalogada polo concello de Muros como ben, cultural, natural e paisaxístico. Quérese manter a súa esencia, pero aplicando sistemas modernos (como depuradora de circuíto pechado) e complementarios como cetaria, cámara frigorífica, envasado ao baleiro, atmósfera modificada e un pequeno cocedeiro, así como maquinaria diversa e moderna que fan as tarefas mais sinxelas e rendibles.

Por outro lado disporase de zona de venta ao pro menor e zona de degustación para poder facer eventos e dar a coñecer a marca e os produtos ofertados.

O produto: ademais de traballar o mexillón e a ostra, que se críaba e vendía ata o momento, trátase de ir un paso máis alá traballando novos produtos (nécora, centola, camarón, berberecho...) certificado, en algúns casos, como ecolóxico e dando un valor engadido:

- A posibilidade de venta ao por menor aproveitando a zona turística na que se atopa.

- A posibilidade de chegar a novos mercados ao traballar produto fresco e depurado.

- Ofrecer nos mercados, e os clientes un novo produto, no caso produto ecolóxico.

- A posibilidade dun maior beneficio sen aumentar a presión sobre o sector acuícula.

Outras vantaxes son o recoñecemento non só a nivel empresa privada senón a nivel Galicia e en especial Ría de Muros-Noia que se crea un nome e un prestixio.

Por outro lado, cun produto faise indispensable un aumento do persoal polo que a empresa se compromete á contratación de polo menos tres persoas.

Prevese a execución nunha única fase onde se poden distinguir claramente dous tipos de inversión:

1ª- Permisos e execucióno da obra civil.

2ª - Instalación na maquinaria para depuracióon, cetaria e procesado.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1: Sector Pesqueiro.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1: Fomento dun sector pesqueiro sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)