Creación dun taller de prototipado de plástico procedente da limpeza de praias, do litoral e tamén das lonxas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promover que persoas con discapacidade se formen e se impliquen para que a Ría Muros-Noia sexa unha costa libre de residuos, a través da limpeza da mesma e do tratemento do plástico recollido para darlle unha segunda vida.
O obxectivo do proxecto relaciónase de forma directa cos específicos do FEMP, xa que a través da limpeza de praias, litoral e directamente do mar dende as embarcacións, permite protexer o medio mariño e favorecer a calidade medio ambiental da costa. Ademais, a través do prototipado de plástico, ofreceráselle a este unha segunda vida e crearase novo material, que permitirá concienciar e visibilizar sobre o coidado dos ecosistemas e protexer a biodiversidade mariña.
Así este proxecto constitúe unha iniciativa pioneira que pode crear un procedente para que xurdan actividades económicas relacionadas co medio ambiente na zona.
-Contar cun taller de prototipado do plástico, para reducir a cantidade de residuos plásticos existentes e darlle unha segunda vida ao mesmo.
-Alta participación de persoas con discapacidade no proxecto pra favorecer a inclusión social e formación pre-laboral. Tanto nas tarefas de limpeza como de sensibilización e tratamento do plástico.
-A cantidade de residuos existentes no medio mariño vese reducida, a través da limpeza de praias na zona de Testal e Boa, así como dende as embarcacións, recollendo lixo da superficie do mar.
-Sensibilización a través de talleres educativos, campañas e actividades, tanto con centros educativos, outras entidades sociais e traballadores do mar, para favorecer a concienciación colectiva sobre a redución dos residuos e as súa recollida e tratamento.
-Actividade 1. Creación dun taller de prototipado de plástico. Coa adquisición de maquinaria específica para o tratamento do plástico e adquisición de material para realizar a actividade. A maquinaria permite a manipulación dos residuos plásticos, dende trituralos ata convertelos en obxectos de longa vida e útiles para a realización de diferentes actividades.
-Actividade 2. Formación inicial e continua. A actividade conta de varios tipos de formación:
Formación de monitores e persoas usuarias do Centro Misela na recollida de residuos.
Formación de monitores e persoas usuarias do Centro Misela no manexo das máquinas do taller de prototipado.
Formación das persoas usuarias na realización e desenvolvemento de charlas de sensibilización.
Prácticas da formación realizada das persoas con discapacidade.
-Actividade 3. Difusión do proxecto. Web de sensibilización e difusión do proxecto, así como a creación dun logotipo para ofrecer unha imaxe de marca e favorecer a concienciación global. Carteis, trípticos.....
-Actividade 4. Limpeza e actividades do taller de prototipado. Esta actividade será levada a cabo por persoas con discapacidade do Centro Misela e conta con diversas tarefas:
Limpeza: recollendo os residuos mariños que se atopan nas praias do litoral. Esta limpeza levarase a cabo de distintos modos.
A pe: nas praias e nas marxes costeiras, levado a cabo polas persoas usuarias do Centro Misela, como nas actividades grupais de sensibilización con centros educativos, entidades sociais....
Dende embarcacións do clube Adeco-Dea: sempre e cando se observe unha zona de gran acumulación de residuos, por exemplo nos portos (Portosín, O Freixo, Testal), recollendo dende as embarcacións deste, o plástico que se observe flotando nas superficie do mar.
Tamén é importante mesta actividade a colaboración coa Confraría de Pescadores de Noia, xa que nos permitirán ubicar contenedores destinados á recollida dos residuos, contando coa colaboración dos traballadores dos mar para o proxecto.
Xestión dos residuos: Separación dos residuos nos contenedores correspondentes e selección do plástico para o taller de prototipado.
Actividade de prototipado no taller: a través das máquinas do taller converterase o plástico recollido en produtos diversos de alta resistencia, ofrencendo unha segunda vida ao mesmo, e diminuíndo os residuos atopados.
-Actividade 5: Actividades pra grupos e sensibilización. A nivel global a través da páxina web e a nivel específico incluirá charlas de formación para centros educativos da zona, entidades do sector social como A Creba, Adisbismur, Domus-VI etc.
As persoas usuarias da Asociación Misela serán as protagonistas que dirixan todas as actividades propostas: limpeza de praias e zonas costeiras, xestión de residuos, taller de protitipado e sensibilización.
Obxectivo Estratéxico 3. Patrimonio natural e cultural.
3.1. Mellora da calidade ambiental e paisaxística do contorno costeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)