Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CURSO COMPETENCIAS NO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia están a traballar dende hai anos, de xeito individual e coordinadamente, no desenvolvemento do turismo mariñeiro. Froito de esta colaboración xurdiu o proxecto MarGalaica, que trata de aglutinar e incorporar toda a oferta de turismo mariñeiro de Galicia.

Os GALP de Galicia, a través de Margalaica no ano 2017 están a por en marcha a Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto de grande ruta que, recorrendo toda a costa de Galicia pretende integrar recorridos, recursos, visitas a Faros, oferta de restauración e actividades turísticas, especialmente as de contido mariñeiro, así como visitas a portos pesqueiros e Lonxas.

Neste contexto, dende Margalaica Turismo Mariñeiro preténdese potenciar a presenza de actividades de turismo mariñeiro na Ruta dos Faros de Galicia, ao tempo que se persigue consolidar a oferta de turismo mariñeiro existente e por en marcha iniciativas que estean a dar os primeiros pasos.

Os destinatarios dos cursos son:

-Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.

-Xoves, ata 35 anos profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.

-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.

O curso adaptaranse ás necesidades e composición do alumnado. Os contidos estarán orientados a aportar aos prestadores de actividades de turismo mariñeiro as capacidades mínimas para dirixirse ao mercado para a captación de usuarios (clientes), a creación de produtos e experiencias e a xestión da actividade de turismo mariñeiro. 

A data de realización do curso presencial será o 21 de setembro e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20 horas. Confirmarase a tódalas persoas inscritas o lugar e local dentro do territorio do GALP A Mariña Ortegal

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes de participación remata o 19 de setembro ás 23.59 h. Para presentar a solicitude deberase cubrir o impreso axunto e remitilo ao e-mail gac1@accioncosteira.es.

Nos seguintes enlaces podese descargar o impreso de solicitude e información complementaria: 

IMPRESO DE SOLICITUDEhttps://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal/impreso-de-inscripcion-curso-de-...

BASES NOVOS NICHOS: https://galp.xunta.gal/sites/default/files/_fmn_bases_novos_nichos_01_a_...

ANUNCIO: https://galp.xunta.gal/sites/default/files/_fmn_anuncio_novos_nichos_01_...