
Consumir produto pesqueiro é saúde
O proxecto Pesca Saúde promove o consumo de produto pesqueiro e unha alimentación saudable. Trátase dunha iniciativa de cooperación impulsada polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), co apoio da Consellería do Mar e da Consellería de Sanidade.
O GALP Mariña Ortegal mantivo encontros coas peixerías de Viveiro e Ribadeo para a súa adhesión a esta campaña de promoción do consumo de produto pesqueiro.
As persoas que participen nos eventos de Pesca Saúde recibirán vales desconto de 5 €, que poderán utilizar entre o 15 de abril e o 30 de xuño nas peixerías adheridas.
Ademais, poderán participar en sorteos de menús degustación de produtos pesqueiros na hostalaría local.
Tamén se organizarán actividades para aprender a planificar o menú semanal a base de produto pesqueiro local.
Consumir peixe local é apostar pola saúde, a calidade e o produto de proximidade.
#PescaSaúde #ProdutoLocal #Peixe #AlimentaciónSaudable #MariñaOrtegal #Viveiro #Ribadeo


