O proxecto consiste no deseño e execución dun programa formativo, composto de un total de 4 cursos a desenvolver durante as anualidades 2025 e 2026, estará dirixido tanto ás e aos mariñeiros da confraría como a todas aquelas persoas que busquen formarse nun novo oficio, abrindo así á porta a que as novas xeracións podan formarse en materia de seguridade marítima, así como obter o título de patrón local de pesca. Por outra banda, ofrecerase un curso de actualización da formación básica en seguridade marítima para aquelas persoas que xa teñan realizado o curso previamente e desexen actualizar coñecementos.
Así, este proxecto facilitará ó acceso á formacións homologadas a todo aquel que desexe achegarse aos oficios mariñeiros, contribuíndo a dar visibilidade ó sector, sobre todo entre ás novas xeracións.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
As actuacións a desenvolver en materia de formación nas anualidades 2024 e 2025 son as seguintes:
- Curso de mariñeiro/a pescador/a (50 horas):
Este curso ten unha distribución horaria de 35 horas de formación teórica e 15 horas de contidos prácticos. As principais atribucións son: exercer de tripulante subalterno en buques de pesca e auxiliares de acuicultura; manexar con fins comerciais embarcacións de menos de 10 metros de eslora adicadas á pesca ou auxiliares de acuicultura (seis meses de embarque).
- Patrón local de pesca (250 horas):
As principais atibucións son: xestionar e executar a administración do buque;controlar e conducir a súa navegación e derrota en todas as súas condicións; organizar e executar as actividades de extracción, elaboración e conservación da pesca mediante parámetros de calidade predefinidos, exercer a xefatura de máquinas, todo isto en condicións de seguridade e respectando o medio mariño e a normativa nacional e internacional establecida.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


