Proxecto consistente na organización dun congreso, centrado na infancia e a adolescencia, no que se poña en valor o potencial da pesca o dos seus produtos, na contorna da Mariña, non só polo que implica a nivel de alimentación, senón polo que supón no ámbito do desenvolvemento social e económico.
O público obxectivo ao que se dirixe o proxecto é, principalmente, o alumnado de centros educativos públicos de educación infantil e primaria (CEIP) e Institutos de Educación Secundaria (IES), tamén se desenvolverían accións no consumo colectivo, en centros da Rede Única de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), tales como centros de inclusión social, de maiores,...
O proxecto estruturarase en dúas fases: a primeira, comprenderá a realización de actividades previas co público obxectivo, que darán contido para desenvolver diferentes accións no Congreso. A segunda, fará referencia á realización do propio Congreso.
As actividades previas comprenderán temáticas relativas a: investigación en canto ao comportamento no consumo de produtos pesqueiros dentro do alumnado dos centros de educación secundaria e bachalerato, un certame literiario de temática centrada no mar e nas actividades pesqueiras, elaboración dun recetario para recuperación de elaboracións gastronómicas tradicionais ou innovacións tendo como materia prima o produto pesqueiro das lonxas da Mariña Lucense, realización dunha limpeza de praias e exposición do lixo recollido a través dunha mostra, desenvolvemento de actividades na escola de hostalería (elaboración gastronómica combinando produto do mar e da terra para servilo o día do Congreso e participación no mesmo como provedor do servizo de catering), realización dun obradoiro de artesanía vinculada ás actividades do proxecto e un obradoiro interxeracional e a degustación de produto pesqueiro en centros de maiores e de inclusión.
A sostibilidade das actividades pesqueiras, vén dada por diferentes factores: ambientais, produtivos,... pero sobre todo porque o produto se comercialice e se consuma, promovendo unha cultura de consumo local, que actualmente se está esvaecendo.
O consumo implica a sostibilidade do propio sector, co cal é un elemento central sobre o que orientar a intervención que se poñerá en marcha co desenvolvemento deste Congreso da infancia e a adolescencia, onde o público máis novo, teña un papel de axente activo, na valorización e promoción dos recursos pesqueiros, e por tanto, da actividade pesqueira.
Sexo promotor: 
 Muller
Home
Home
Idade promotor: 
 < 40 anos
> 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 
 Sí
Non
Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
 Si
Non
Non
Emprego creado (ETC): 
 Si
Non
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
 Si
Non
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Principais obxectivos do proxecto: 
- Reforzar a gobernanza da poboación máis moza no sector da pesca, potenciando os recursos pesqueiros, a preservación do medio mariño, e a potenciación dunha cultura asociada ao mar e ás súas actividades.
- Fomentar o consumo dos produtos pesqueiros, incidindo no consumo colectivo, principalmente na poboación máis moza, en centros de ensino, pero tamén noutros espazos coma centros de inclusión e de maiores.
- Poñer en valor os recursos pesqueiros, como elementos indispensables dunha dieta san e equilibrada.
- Promover o consumo consciente e local, apostando pola sinerxía entre os recursos pesqueiros e produto agrario local de calidade, de proximidade, ecolóxico, artesanal, ... xerando un maior impacto no ámbito local, e no conxunto da comunidade costeira.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
- Incremento no consumo de produto pesqueiro en centros de ensino públicos, centros de inclusión e de maiores, cun impacto en máis de 1.000 persoas da contorna.
- Acadar o reforzo da posición social do sector, incidindo na sostibilidade da actividade pesqueira, na promoción dos recursos e na valorización do patrimonio cultural ligado ao mar, potenciando fitos coma o “Día do Peixe”, ao obxecto que se consolide como fito anual.
- Incremento do coñecemento dos recursos do mar, por parte de profesionais dos centros de hostalería, de cara a reforzar o consumo futuro dos mesmos.
- Posicionar o papel que ten o sector pesqueiro no desenvolvemento social das vilas e pobos da Mariña, reforzando o coñecemento asociado aos aspectos produtivos, culturais, ambientais  das actividades pesqueiras, para concienciar, sobre o potencial das mesmas como fonte de emprego local e de remuda xeracional no sector.
Principais actividades do proxecto: 
O obxectivo central do proxecto, consiste na realización do Congreso da Infancia e Adolescencia da Pesca, o cal comportaría a realización dunha serie de actividades antes e durante a realización do mesmo.
A. ACTIVIDADES PREVIAS AO CONGRESO
Grupo 1. Actividades en centros de ensino.
A1. Ti es de peixe? Consiste nun proxecto de dinamización-investigación que desenvolvería o alumnado dos centros de educación secundaria e bacharelato, para ver como é o comportamento no consumo dos produtos pesqueiros, nos produto do agro, no produto local, na alimentación, nos centros de ensino. 
A2. Tinta de lura. Comprendería a realización dun certame literario, no que se abordaría calquera temática vinculada ao mar e as actividades pesqueiras. 
A3. Maragota á pota! Consiste na elaboración dun receitario que incluiría diversas elaboracións co obxectivo de recuperar sabores tradicionais ou innovadores a partir da utilización de peixes e mariscos das lonxas da Mariña. 
A4. Crebas mariñas. Comporta a realización de 1 limpeza de praias e exposición do lixo recollido a través dunha mostra. 
Grupo 2. Actividades na Escola de Hostalería
A5.  Petisco de Peixe. Comprendería unha elaboración singular dun petisco, un prato, ou outra elaboración,... empregando produto do mar e un produto da terra. A receita desta elaboración incorporaríase a unha degustación de produto en centros participantes no proxecto, así como, para servilo na día da realización do Congreso.
A6. Servizo de catering. O centro participaría no Congreso coma provedor para o servizo de Catering, no cal se expoñería un proposta de elaboracións gastronómicas con peixes, que recollería o traballo do alumnado e tamén o traballo do propio centro anteriormente.
Grupo 3. Actividades en centros RUEPSS.
A7. Obradoiro Arte-mareiro. Supón a realización dunha actividade de elaboración de artesanía vinculándoa ás diferentes actividades do proxecto.
A8. Obradoiro interxeracional. Actividade na que o alumnado recollería contos, lendas, receitas,  vinculadas coa actividade pesqueira, ou con diferentes tradicións e elementos que forman parte do patrimonio inmaterial do mar.
Grupo 4. Día do Peixe.
A9. Día do Peixe. Os centros escolares, centros de maiores e centros de inclusión con comedor, participarían neste programa de promoción do Consumo de peixe. Sería unha degustación de produto pesqueiro nos centros nun día sinalado, no que se reforzaría a identidade e o obxectivo do proxecto que queremos promover.
B. CONGRESO DA INFANCIA E A ADOLESCENCIA
B1. Congreso. O Congreso sería un espazo de divulgación no que reforzar a sostibilidade das actividades pesqueiras a través de diferentes factores, entre eles, a promoción do consumo de produtos pesqueiros na proximidade e a valorización das actividades pesqueiras.
C. PLAN DE COMUNICACIÓN
C1. Plan de comunicación. Comprende as accións de identidade corporativa, produción de materiais de divulgación, produción de contidos para medios e RRSS e elaboración dun vídeo divulgativo do proceso.
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico da EDLP: 
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
 Si
Non
Non
Igualdade de xénero: 
 Si
Non
Non
Discriminación: 
 Si
Non
Non
Favorecer a inclusión social: 
 Si
Non
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
 Si
Non
Non
Contribución: 
 Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


